Ángel Mato comprométese a que o Concello afonde na eficiencia enerxética nos próximos anos

Ángel Mato nas xornadas de transición enerxética | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou esta mañá en Santiago nunha mesa de alcaldes que formaba parte da xornada “La transición energética en las ciudades”. Alí compartiu foro cos rexedores de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; Lugo, Lara Méndez, e Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Mato, que entre o 2016 e o 2019 foi portavoz de enerxía do grupo socialista no Senado, lembrou que España ten todas as potencialidades en canto a enerxías renovables, pero que o problema durante os últimos anos foi a “enorme inseguridade xurídica que se creou”. Para el, “este país ten que vencer a resistencia enorme ao cambio” que en moitos casos desde a Administración se produciu ata agora.

Un asómbrase de como entre o 2007 e o 2011 España xerou máis de cincocentas patentes en renovables”, dixo. O alcalde afirmou que nesa época o país colocouse entre os líderes mundiais no desenvolvemento destas enerxías, “con importantes empresas que formaban parte do tecido productivo e pequenas empresas que tiveron éxito”. Sen embargo, xerouse un problema “monumental” e “suspicacia” con estas enerxías, froito de políticas como “a do ministro Soria, primeiro, e do ministro Nadal, despois”, que acabaron en laudos “que lle van custar a España centos de millóns de euros”. Nese momento, dixo, foise contra un sector que “xeraría billóns”.

É doloroso ver como en España, que temos empresas, capacidade e técnicos, o Goberno non foi capaz de abordar esta transición enerxética e perdemos a oportunidade de ser líderes”, reflexionou, e asegurou que uns dos problemas que argüíu o ministerio no seu momento, a necesidade de implantar novas verificacións de seguridade nas instalacións (o que aumentaba a complexidade dos trámites), era un argumento “falso”.

Por iso, “a primeira medida que tomou o Goberno de Pedro Sánchez foi derogar o imposto ao sol, e no segundo ou terceiro consello de ministros simplificou a tramitación administrativa” para as instalacións.

A mobilidade e o problema do tren

Ángel Mato aproveitou o debate para asegurar que nos próximos anos o Concello de Ferrol afondará en medidas de aforro, entre outras máis, como as que se veñen acometendo durante esta década, tales como a instalación de luminarias máis eficientes ou, aínda máis importante pola súa vertente social, a mellora das vivendas do parque municipal, que no barrio de Recimil, por exemplo, forman o meirande conxunto de Galicia e un dos máis grandes do país. Nalgúns momentos, a discusión dirixiuse á vinculación dos problemas enerxéticos coa mobilidade nas cidades, un asunto que para o alcalde debe abordarse desde varias perspectivas, como buscar medios de transporte alternativos ao coche, devolverlle espazo público á xente e mellorar as comunicacións.

Sobre esto último, insistiu en que “ir en tren de Ferrol á Coruña non pode levar máis dunha hora”, como ocorre agora, senón que é imprescincible reducir os tempos, cando menos, á metade.

Lea también

Ferrol en Común denuncia «o menosprezo» a Recimil, Ultramar e ó rural

Ferrol en Común ven de coñecer a nova de que «o goberno de Rey Varela …