María Teresa Deus inaugurou o Programa Formativo Básico, no que participan 75 alumnos de catro institutos

Presentación do Programa Formativo Básico | Concello de Ferrol

A concelleira de Emprego, María Teresa Deus, acudiu hoxe á inauguración e presentación do Programa Formativo Básico (PFB) – Accións Formativas para Desempregados (AFD), impulsado polas consellerías de Educación e Economía en colaboración co Concello de Ferrol desde 2001 e máis recentemente tamén co Concello de Neda.

Na mañá de hoxe firmáronse os convenios coas cinco empresas -Alcampo, Distribuciones Froiz, Gestión Plus, Limbes e Rilo- que participan no programa ofrecendo prácticas aos 75 alumnos que integran o curso. Trátase de o único programa destas características en toda Galicia, e este ano impartiranse nos institutos Fernando Esquio de Neda, Canido, Ferrol Vello e Catabois. Este último ofrece dúas edicións.

O curso durará nove meses, os tres primeiros para formación e desde xaneiro ata xuño realizaranse as prácticas. O Concello de Ferrol leva participando con esta acción formativa e empregadora dende o ano 2001, entre outras cosas, realizando as entrevistas de selección, cedendo instalacións municipais e incorporando aos alumnos en actividades culturais. Ao finalizar o curso, os alumnos obterán o Certificado de Profesionalidade Nivel 1.

Deus quixo felicitar aos alumnos, “acertastes”, díxolles, e recordou que o programa “foi sempre un modelo para toda Galicia”. Animoulles a non abandonar a formación e insistiu en que cursos como este “son un orgullo para Ferrol”.

Un 33% de inserción laboral

Desde a posta en marcha do programa, máis de 1.000 alumnos aprenderon un oficio, máis de 300 empresas participaron na iniciativa e alcanzouse un 33% de inserción laboral do total do alumnado, un dato que dende a organización valoran como “moi positivo”.

Lea también

Puesta en marcha en Ferrol del programa de espacios familiares, pionero en la comunidad gallega

Caixa Proinfancia pone en marcha por primera vez en la comunidad el programa de espacios …