O alcalde da a benvida no Concello aos estudantes estranxeiros que estudarán este ano en no campus da cidade

Recepción aos estudantes de Erasmus | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, deu a benvida esta mañá no pazo municipal aos 43 estudantes extranxeiros que cursarán os seus estudos no campus da cidade e que proceden de Italia, México, Chile, Portugal, Costa Rica, Rumanía, Turquía, Finlandia, Polonia, Alemania, Marruecos, Puerto Rico, Brasil, Ecuador e Venezuela. Veñen no marco de programas como Erasmus, convenios internacionais bilaterais de educación e o SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación).

Mato recibiulles no salón de plenos do Concello acompañado pola vicerrectora do campus, Araceli Torres. O alcalde agradeceulles que elixisen Ferrol para adquirir talento e desexoulles que “cumpra co voso desexo de formación”. Lembrou a súa propia experiencia como estudante Erasmus en Polonia e trasladoulles que desde esta cidade “vos ídesnos a proxectar ao mundo”.

Quiso tamén dedicarlles unhas palabras en inglés para os presentes que aínda non manexan o idioma e recordoulles que mañá sábado terá lugar Festeiro, un festival de música organizado polo Concello de Ferrol como xesto de benvida a todos os mozos que este ano cursarán os seus estudos no campus da cidade. Ángel Mato faloulles dos encantos da cidade e entregoulles a cada un deles unha guía sobre o Castillo de San Felipe, “só é similar o Castelo do Morro, en Santiago de Cuba”, dixo.

Torres, pola súa banda, comentou sentirse moi orgullosa do incremento de estudantes estranxeiros en Ferrol e aseguroulles que as experiencias que vivaneste curso lembraraas toda a vida.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …