O BNG de Ferrol lamenta que Xunta de Galiza asuma a xestión do transporte urbano na cidade «coa complicidade do goberno de FeC«, pese as advertencias desenvolvidas polos nacionalistas dende o 2016, cando Tribunal Supremo anulou as prórrogas concedidas polo partido PP no 2009.
Dende o PP se afirma que esta é a única alternativa viable, «mais non lles falta razón si o obxectivo é beneficiar e seguir dando negocio ás empresas que levan xestionando este servizo durante décadas, con procesos de reestruturación polo medio que sempre foron aplicados pola Xunta, que se fixeron en función dos intereses das concesionarias e en detrimento dos veciños e veciñas«.
Esta decisión «non fai máis que avalar a unificación dos servizos de transporte escolar e regular adoptada con carácter urxente polo PP en 2017 coa complicidade de FeC«. Cómpre lembrar que até ese momento, «as concesións de transporte estaban divididas en transporte escolar e regular que desde a UE se lle advertiu á Xunta que o carácter preferencial polo que se lle outorgaban as concesións do transporte escolar ás mesmas empresas que tiñan adxudicadas o transporte discrecional era, cando menos, irregular. Foi entón cando a administración autonómica adoptou unha decisión “sabia” e lóxica unificando ambos servizos, deixando aos nenos e nenas da cidade nunha situación esperpéntica«.
Para o BNG é obvio que a Xunta «non está a erixirse en salvadora de nada e menos dos intereses dos veciños e veciñas desta cidade, senón todo o contrario, converténdose en salvadora dos intereses das empresas que xestionan o servizo«. O servizo que pretende asumir a xunta non se limita exclusivamente a unha única anualidade 2019/2020, «senón que hipoteca á cidade de Ferrol por dez anos, sen posibilidade de reversión máis aló das decisións políticas que se poidan adoptar«.
Enfrontar con carácter inmediato e prioritario a denuncia deste proceso de contratación será un dos principais obxectivos para o BNG tras os vindeiros comicios municipais do 26 de maio. “Farémolo ademais antes de acometer a súa adxudicación, sexa dende o Goberno ou dende a oposición, sendo conscientes das posibles indemnizacións mínimas que se terán que afrontar pola deriva privatizadora da Xunta”, afirmou o voceiro nacionalista, Iván Rivas. Dende o BNG consideran «que sempre será mellor anular o contrato antes da súa adxudicación que facelo posteriormente«, xa que a indemnización pasaría a ser millonaria, e mellor tamén que permitir que o servizo de transporte público se siga a xestionar da mesma maneira que se veu facendo durante os últimos catro anos, pero durante unha década máis. “Os veciños e veciñas desta cidade acaban sendo vítimas dun uso espurio dos seus dereitos básicos, xa que o transporte público é un servizo obrigatorio que os Concellos con máis de 50.000 habitantes deben prestar”, engadiu o tamén candidato á alcaldía.
Para o BNG, o Concello de Ferrol «non ten máis saída que asumir a xestión do seu transporte e, en todo caso, cobrarlle á Xunta pola prestación dese servizo ao resto de municipios«. Ademais, o obxectivo non é só un modelo a interconexión dos diferentes barrios da cidade mediante a creación desa empresa de transporte público, «senón que o modelo de cidade debe de estar baseado en criterios de sustentabilidade económica e medioambiental, contribuíndo cunha redución da contaminación ao limitar o uso do vehículo privado e a través da adquisición dunha flota de vehículos propulsados con enerxías renovables. Uns criterios moi distantes aos que a Xunta pretende implementar con este novo contrato«.
A que espera?? A estar fora do concello?? Ou es que non Hai..?? Estaras esperando a ver si tes o posto para pagar os abogados?? Si nos saes (e moi posible) pasas e decías todos.. non ameaces e traballa dunha vez¡