O BNG esixe ao Ministerio de Defensa que cumpra coas obrigas tributarias coa cidade

O BNG na entrada do Sánchez Aguilera | BNG

O voceiro do BNG en Ferrol, Iván Rivas e o candidato ao Congreso dos Deputados pola provincial da Coruña, Néstor Rego, compareceron esta mañá diante das instalacións do antigo acuartelamento do Sánchez Aguilera para abordar o impacto económico, laboral e urbanístico do Ministerio de Defensa en Ferrol.

Rivas afirmou que Estado «condiciona de maneira fundamental desenvolvemento da cidade, dende tódolos puntos de vista«. No caso urbanístico, cun convenio que «está pendente do seu desenvolvemento dende hai máis de 20 anos«, grazas, insistiu, «á complicidade de gobernos locais que eximen de toda responsabilidade ao Estado respecto das propiedades que posúe no Concello«. No ámbito económico, «permitindo que o Estado non compense de ningunha maneira aos veciños da cidade, condicionando tamén o desenvolvemento social e o emprego a través dunha empresa pública, como é Navantia, controlada polo ministerio de Defensa e que no momento actual depende decisións militares como a execución das F110«.

Trátase, sostén Iván Rivas, «dun convenio especulativo, posto que Ferrol ten o 20% das vivendas baleiras e perde 1.000 habitantes ao ano. Construír 460 vivendas novas e un centro comercial no Sánchez Aguilera, ademais de contraditorio é insistir nos erros da burbulla inmobiliaria«.

Ao respecto do derrubo da muralla, o obxectivo «non é establecer unha simple conexión visual substituíndo a muralla por unha reixa«. O obxectivo é incorporar os terreos que se atopan tras a muralla á trama urbana da cidade. O derrubo do que falan PP, PSOE e FeC «non é máis que un paliativo. Ferrol é unha cidade incompleta, cun acceso privilexiado ao mar que precisa recuperar«.

Neste sentido, o BNG lamenta o silencio das organizacións políticas que teñen presenza na cidade, non só no momento actual, senón ao longo das ultimas décadas, «nun Ferrol sometido a procesos de reestruturación permanente e a unha usurpación dos seus bens e patrimonios, así como da súa riqueza«.

O voceiro do BNG en Ferrol considera fundamental a presenza de deputados/as desta organización no Congreso, co obxectivo de facer visible unha situación «que leva ao Concello de Ferrol ao seu suicidio urbanístico, económico e social«. “Ou ben asumimos que esta realidade cómpre mudala ou o futuro que lle espera a esta cidade vai seguir condicionado por decisións que non dependen de nós, que se controlan dende a administración estatal e que en Ferrol se levan moitísimo tempo silenciando e asumíndose como normais produto dunha submisión política que é intolerable”, apuntou o candidato á alcaldía.

Pola súa banda, o candidato do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, comprometeuse a por sobre a mesa un cambio de comportamento do Ministerio de Defensa, obrigándoo a cumprir coas súas obrigas tributarias co Concello e a darlle unha saída diferente á perspectiva laboral en Navantia. “Nós entendemos que é fundamental privilexiar a construción naval civil para evitar esa dependencia permanente das decisións militares”, afirmou Rego.

 

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

3 comentarios

  1. Sempre o mesmo cantar….que van facer , si outro mellor non teñen….

    • Ai que Ai que….e mentras cobro cartos do pobo…., pois algun dia rematara o conto da boa pipa Ivan.

  2. Lo malo de mentir siempre es que al final acabas incurriendo en contradicciones: Navantia no es del Ministerio de Defensa, sino de la SEPI, que depende del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Encima, Ribas pretende incorporar a la trama urbana terrenos afectos a la defensa nacional, cosa que sabe que nunca va a pasar.. El discurso nacionalista es tan corto que oculta conscientemente que la riqueza generada en Ferrol por la existencia de una base naval y de unos astilleros públicos (en los que permanentemente se hacen obras civiles, por cierto) excede con creces los perjuicios que pueda acarrear, por no hablar que esos supuestos impuestos saldrían de las arcas públicas del estado al que pretende culpar de su presencia; resumiendo: Lo que piden es que el resto de los españoles y nosotros mismos paguemos a un municipio por un uso legal de unos terrenos que fueron ganados al mar precisamente para la función en la que se están empleando. Por otra parte la propuesta de que en Ferrol no haya suelo urbanizable es igual de eficaz que la de que no haya suelo comercial: Sólo beneficia a Narón, que sí va a permitir la construcción de obra nueva y la instalación de grandes superficies.

    Sigan así, señores nacionalistas, y sigan aliándose con Bildu y ERC, y ya verán que pronto tienen que buscar un trabajo de verdad.