O Concello de Narón mellorou a equipación do persoal e incrementou o parque móbil do Speis

 O Concello de Narón destinou no último semestre do ano uns 174.135 euros a dotar de novo material ao Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Narón (Speis). O alcalde accidental e concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, desprazouse na mañá deste venres ás dependencias do servizo no polígono industrial de Río do Pozo para realizar co persoal do Speis unha primeira valoración das funcións realizadas cos citados equipos desde a súa incorporación.

En canto aos relativos á protección individual, o persoal dispón na actualidade, grazas a este investimento por parte da administración local, de novos chaquetóns e cubrepantalóns de intervención a lume, unhas prendas que xa se utilizan noutras comunidades españolas –Valencia, Navarra, Logroño- e que están confeccionadas con material de última xeración. Entre as vantaxas das mesmas á hora dunha intervención está o feito de que non arden no aire, non funden nin gotean, manteñen a súa tenacidade a temperaturas incluso superiores a 300 graos centígrados e teñen unha gran resistencia a axentes externos, entre outras. A maiores, en aras de garantir a máxima seguridade tanto do persoal do Speis como das persoas que nun determinado momento precisen dos seus servizos, os novos equipos de protección individual contan con sistemas de suxección en puntos elevados (arnés de cintura) e cabos de anclaxe e rescate. Os equipamentos completáronse con botas de intervención con mellores prestacións para intervir en situacións de lumes ou con produtos químicos; cascos de protección para incendios estruturais con iluminación propia e dobre sistema de protección ocular e un mono interior para intervencións en presencia de lume, con sotocasco, camiseta e pantalón serigrafiados específicamente para o servizo.

“Desde o Concello de Narón incorporamos a cor amarela tanto na vestimenta como nos equipos de intervención, para cumprir a normativa europea sobre visibilidade actualmente en vigor”, explicou Sánchez Fojo. “Trátase de que tanto os vehículos como os equipos de protección individual cos que traballa o persoal do Speis sexan perfectamente visibles á hora dunha intervención, tanto de día como polas noites, para evitar posibles riscos”, subliñou o responsable de Seguridade Cidadá.

A maiores dos equipos de protección, o servizo conta actualmente con catro novas motoserras –súmanse ás dúas coas que xa contaban-, unha para salvamento e rescate –que permite cortar formigón armado- e equipos de protección anticorte para garantir a seguridade do persoal. Lanzas automáticas para a aplicación de auga en casos de incendios en interiores, novidosas a nivel europeo; seis novos equipos de protección respitatoria –contaban con outros seis- e coa posibilidade de transformalos en bibotella para dobrar a súa autonomía operativa e a seguridade; unha tabla de control de tempos para intervencións prolongadas cos citados equipos e dúas unidades de orientación en condicións de visibilidade nula completan parte dos novos materiais do Speis de Narón.

Así mesmo, o persoal deste Corpo conta cun compresor de recarga de equipos de aire, que permite reducir en oito minutos a recarga dunha botella e que pode recargar dúas ao mesmo tempo, a diferencia do anterior, con capacidade para unha. Un ventilador de presión positiva que posibilita a ventilación de varias vivendas e espacios comúns, conducións de aire para evitar a propagación de fume e dúas cámaras de imaxes térmicas –para localizar puntos quentes en situacións de visibilidade nula e localizar a persoas atrapadas por incendios en casos de gran cantidade de fume- con modo de grabación e fotografía completan estas incorporacións xunto con dous equipos de excarcelación completos.

En canto ao parque móbil, nos últimos meses adquiríronse un vehículo para unidade de mando e xefatura, outro para dirección e un terceiro para inspección e prevención, que supuxeron ao Concello un desembolso de algo máis de 55.000 euros e que permiten contar cun total de sete vehículos.

“A medida que vaia sendo posible continuaremos dotando a este servizo do material preciso, conscientes da importante labor que desenvolven no noso concello e tamén co fin de garantir en todo momento a seguridade do persoal do Speis á hora de realizar o seu traballo”, destacou Sánchez Fojo.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …

3 comentarios

  1. Me encanta esta noticia, este nuevo servicio, ha sido un gran acierto para nosotros los ciudadanos, se nos atiende con rapidez pero sobre todo con una profesionalidad increíble tratándose de su servicio tan joven. Espero que el concello siga invirtiendo presupuestos en este gran servicio, una gran mayoría de Naroneses lo vemos todos los días, su actividad y su buen hacer, por ello, sin duda, su creación ha sido un gran acierto municipal.
    Enhorabuena

  2. Vaya engaño. Los tíos son unos trabajadores impresionantes y no merecen que jueguen con sus puestos de trabajo, pero TEGA rompió un acuerdo con Ferrol de 250.000 para ahorrar…. y se funden casi 1,5 millones cada año. Es un escándalo!

    • Engaño…???. Iso era o que se tiña contratado có Concello veciño.
      Falar fala calquera, pero falar con coñecemento e con coherencia ninguén o fai.
      O realmente triste é que despois de casi catro anos aínda haiba xente iincapaz de recoñecer o servizo (aparente) que se lle ofrecía a cidadanía naquel entón e o que a día de hoxe RECIBE…, e os veciñ@s de Narón sempre pagamos, aínda sin télo, a si que… ESO SÍ QUE ERA ENGAÑO!!!.

      Como tanto «vendes» coñecer do asunto, déixote unhas cuestións coas que deberas ilustrar ós cidadáns de Narón, si as sabes, e non falar por falar…

      Sabes acaso o custo real do convenio que se tiña?.
      Sabes realmente qué cubría tal convenio, e polo tanto O QUE NON CUBRÍA?.
      Sabes que o que non cubría ese convenio facturábanllo a parte a Narón?.
      Sabes que se esixían uns servizos mínimos no mesmo e cales eran?
      Sabes quén costeaba ese persoal a maiores?.
      Sabes os municipios que se cubrían aproveitando ese persoal a maiores e que costeaba Narón?.
      Sabes que aínda pagando por eses mínimos en moitas ocasións non se cumplían?.
      Sabes o número de intervencións ás que facía frente o SEIS de Ferrol en Narón e o número que se atende a día de hoxe?.
      Sabes os tempos de resposta que había có maravilloso convenio que tanto botas en falta e os de agora?
      Sabes os veciños de qué Concello iban quedar sin atender en caso de intervencións solapadas en Ferrol e Narón?.

      Podería seguir así ata dentro de tres días e aposto a que descoñeces todas esas cuestións ó igual que moita da veciñanza que solamente lee o que escribe xente que fala por falar!!!.

      Boas noites Manuel.

      P.D. NON SABES SIQUIERA O MOTIVO POLO QUE SE ROMPEU O CONVENIO CON FERROL.