Éxito de público en Narón na Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage

A sexta edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage organizada polo Concello de Narón e a asociación Ferro Vello experimentou un novo éxito de público esta pasada fin de semana. Así o asegurou a concelleira de Feiras, Mar Gómez, que destacou a elevada afluencia de persoas que durante o sábado e domingo se achegaron ao pavillón da Mocidade, na Gándara, para acudir ao evento.

Unha trintena de anticuarios de Ferrolterra e procedentes doutras comunidades como Asturias, Madrid, Castela León… e tamén de países veciños como Portugal, participaron na convocatoria. Ata Narón trouxeron unha gran variedade de artigos antigos, entre os que se podían ver, e adquirir, mobles, lámpadas, selos, reloxios, apeiros de labranza, potes, libros, moedas e billetes, teléfonos, cestería… que tuveron unha moi boa acollida entre os visitantes.

“Queremos agradecer o traballo da asociación Ferro Vello, que un ano máis traballou con nós para poder desenvolver este evento na cidade», asegurou Gómez.

A edil de Feiras incidiu en que “os anticuarios que participaron, según nos trasladaron, levan de novo unha moi boa impresión deste evento, algúns deles xa participaron en anteriores edicións”.

A concelleira incidiu en que “esta feira é unha das máis concorridas na cidade, atraendo xente de Narón e de moitos outros concellos da zona, é unha aposta que dende o goberno local fixemos no seu día e que manteremos, polo que en breve comezaremos xa a traballar nunha nova edición, que previsiblemente se levará a cabo no mes de marzo do vindeiro ano”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …