O Concello de Ferrol lanza o programa «Ferrol+Sostible» na procura da concienciación ambiental

Jorge Suárez e Luis Victoria en rolda de prensa – Concello de Ferrol

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este martes 5 de xuño, o Goberno de Ferrol ven de lanzar ‘Ferrol+Sostible’, un proxecto transversal cunha ampla batería de medidas, accións e campaña de concienciación e sensibilización social que procura mudar comportamentos e hábito, desde as idades mais temperás, encamiñadas a unha cidade mais limpa, eficiente, verde e sustentable.

O programa ‘Ferrol+Sostible’, foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde, Jorge Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Luís Victoria. Tal e como expuxo hoxe o rexedor, este proxecto pretende axudar a mudar comportamentos e hábitos teñen que ver co medio ambiente e coa sustentabilidade da cidade cun obxectivo fundamental: xerar dende os barrios e rúas unha cidade máis limpa, onde se favoreza a unha maior eficiencia ambiental.

Mudar conciencias dende o local ao global, para loitar contra a cambio climático e as súas consecuencias dramáticas onde cada “mudanza” e “xesto” individual redunda no ben colectivo”, manifestou o rexedor.

Trátase dun programa deseñado a longo prazo que vai mais aló do ano 2018 e que cada exercicio terá como protagonista unha temática relacionada co medio ambiente e coa sustentabilidade ambiental.

Neste 2018, os esforzos centraranse na reciclaxe con distintas accións e campaña complementarias a pé de rúa, tanto a nivel social e educativo como a actividades estratéxicas e desde o punto institucional.

1. Campaña ‘Movéndonos pola reciclaxe (18 ao 28 xuño)’: Esta campaña terá como protagonistas os barrios e as praias, nas que haberá animación nas rúas e nos areais (con animadores socioculturais) ademais da colocación dun stand cun educador ambiental (que se moverá pola cidade nestas datas). Os que acheguen poderán poñer a proba os seus coñecementos da reciclaxe a través do “reciclacesto”, xogo que trata de encestar nos contedores PROXECTO FERROL + SOSTIBLE (Campaña 2018) 2 axeitados os residuos.

Os/as participantes terán no stand a súa disposición unha “guía do bo reciclador” ademáis dun diploma de “bo reciclador” feito de papel de sementes (pódese plantar e aparece unha flor de tempada). Actividade estratéxica 2 (actividades programadas con mensaxe xeral)

2. Alumeado de fachada, roteiros e visitas guiadas a EDAR e EBAR:

Este martes, e co gallo do Día Internacional do Medio Ambiente, terá lugar o alumeado da fachada, así como o día 8, día mundial dos Océanos, que alumeará o frontal do Pazo Municipal de cor azul. Ademais, este sábado 9 de xuño organizarase un roteiro interpretativo pola cidade de balde para coñecer a súa biodiversidade organizado pola Aula de Ecoloxía Urbana. Cómpre inscribirse, no mail aeu@ferrol.es ou no teléfono 981.944.422, para coñecer por dentro e guiados polos técnicos como é o proceso de bombeo e depuración da rede de saneamento das augas negras da nosa ría, activa desde abril do 2017 con resultados ben notorios na calidade das nosas augas e na rexeneración da riqueza marisqueira.

3. Concurso de cortos e fotografías ‘Mobilízate pola reciclaxe’

A maiores, e xa no mes de outubro e novembro, logo do inicio do vindeiro curso escolar, se comenzará cunha campaña de sensibilización educativa ‘Mobilízate pola reciclaxe’ nos centros de secundaria do municipio, no que se organizarán charlas – obradoiros nos centros por parte dun educador ambiental, ademais dun certame de fotografías e curtos que terán como temática a reciclaxe e axeitada xestión dos residuos.

4. Campañas informativas de xuño e outubro para a veciñanza, colocadas en distintas zonas e soportes da cidade e estarán centrados nos residuos dos botellóns, nos vertedoiros incontrolados e na reciclaxe en xeral.

5. Guía de boas prácticas dirixidas aos traballadores do Concello. Unha guía de boas prácticas dirixida aos/as traballadores/as do Concello para facer unha “Oficina+Verde”. Nesta guía tamén aparecerán plasmados unha declaración de intencións para a propia institución respecto a redución do gasto de papel, un maior emprego de papel reciclado, así como o fomento da reciclaxe dentro das propias instalacións do concello. Esta guía estará a disposición de todos na propia páxina web do Concello e a través das súas canles de difusión social.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …