De tódalas rutas xacobeas, o Camiño Inglés, orixinado arredor das Rutas Marítimas que levaban aos peregrinos do Norte de Europa aos portos das rías da Coruña e Ferrol, é o único que percorre unha soa provincia, o que debería significar unha vantaxe funcional para o seu desenvolvemento. Mesmamente, a ruta que comeza en Ferrol supera os cen quilómetros, polo que se consigue directamente a “Compostela” ou Credencial da viaxe, cousa que para lograla desde A Coruña últimamente se puxeron en práctica diversas falcatrúas.
Malia que a facareña estrutura municipal de Cultura, Turismo e Patrimonio de Ferrol non deixa claro quen é responsable da posta en valor do Camiño Inglés, cumpre salientar certo labor da Concellería de Patrimonio, coa posta en marcha no porto da Oficina do Peregrino, anque un chisco escasa de información. O asunto do selado da “Compostela”, que moitos peregrinos demandan por razóns relixiosas e culturais, está mal xestionado pola Igrexa. No tema do demandado Albergue na Casa do Mar, a negativa actitude da Autoridade Portuaria é un auténtico baldón para a nosa cidade.
Madia leva que o Camiño Inglés non debe atravesala ruinosa rúa de Curuxeiras no interior do barrio de Ferrol Vello. O Camiño debe percorrela rúa do Espírito Santo, para seguir logo pola Praza Vella e a rúa San Francisco, camiño do barrio da Madalena. Precisamente na rúa Espírito Santo atopábanse a antiga igrexa de San Xiao e o medieval peirao da Cruz, histórico lugar de comezo do Camiño Inglés.
Entrementres nesa rúa segue en pé o edificio que albergou o vello Hospital de Peregrinos (até cando sen que lle coloquen unha placa que lembre a súa histórica función); outrosí alí levántase a monumental Sala de Armas do Arsenal (deica que a Armada sexa incapaz de cambiala descoidada porta de ferro e de remedialo desleixo do seu xardín exterior).
Ende ben é cada vez maior o número de peregrinos que chegan a Ferrol. Entre a piñata das asociacións e entidades culturais de Ferrol, soamente o Club de Montaña e a Asociación de Veciños da Madalena traballan seriamente a prol do Camiño Inglés. As demais entidades, algunhas delas cobrando unha boa subvención do Concello, chámanse andaina. Cómelles as papas a todas elas un novo e entusiasta Foro Ferrol Vivo, que loxicamente ten unhas ideas peregrinas verbo do Camiño Inglés.
Secomasí, os establecementos de hostalería, moi ocupados na montaxe das terrazas que esmendrellan as nosas rúas, non son quen de interesar aos peregrinos. Outrosí as librerías tampouco son quen de amosar un atraente escaparate de publicacións sobre o Camiño Inglés. Noutra ocasión habería que falar de xeito detido encol dos problemas e a mala sinalización da ruta xacobea polo barrio da Madalena, o Cantón de Molíns, o barrio de Esteiro e Caranza, e o deturpado polígono da Gándara, antes da entrada da ruta en Narón.
Emporiso o desnortado Concello subvenciona as Miradas Virxes, as Meninas, a Noite Meiga, a Poesía Salvaxe, os Museos de Naturezas Mortas e outras fruslerías; manda truco que da ruta xacobea, nada de nada. A Xunta de Galicia nunca amosou o debido interese polas Rutas Atlánticas; velaí agora a anódina Consellería de Cultura promovendo a ocorrencia dunhas xornadas musicais e de teatro, de nulo interese para os peregrinos.
Do mesmo xeito, a actual Deputación Provincial da Coruña segue co mal trato cara ao Camiño Inglés que xa lle dera Presidente anterior, que mesmo botou a perder e foi incapaz de presentar en Ferrol unha publicación sobre o Camiño Inglés, editada pola propia Deputación.
Hoxe, na nosa cidade xorden, como as setas no inverno, concelleiros sabichóns; paveras asociacións culturais e sucedáneas; centros municipais extraviados; universidades na inopia; choscos ateneos, liceos e casinos; sociedades con teito, sen teito e con goteiras; clubs de intrépidos periodistas; confrarías civís e das outras; reais coros e rondallas republicanas; amigos da lírica, da épica e do teatro; foros de tertulianos de silveira e escultores de rotondas; e círculos de filósofos descarreirados e escribidores de culto. Para o Foro de Amigos de Ferrol xa é hora que algún destes contacontos traballen un chisco a prol do Camiño Inglés.
Hay muchas asociaciones y mucha inversión, aunque quede mucho por hacer, y de ahí que el Camino Inglés haya visto como se multiplica el número de peregrinos, que ya superan los 11.000 anueles. Para ustedes (o usted) parece más importante echar basura que reconocer que aunque queda mucho por hacer, también es mucho lo que se ha hecho. De todo lo que ha escrito en ese feo e impersonal gallego normativo y culterano la única propuesta (la de la Casa del Mar) es absolutamente discutible, puesto que está en una zona aislada por donde no pasa el trazado del Camino.
Las líneas de subvención aprobadas por Xunta y Diputación, el plan REXURBE, la reurbanización emprendida por el Ayuntamiento, la señalización del trazado, el desbroce de parte del paseo de Caranza… faltan cosas, muchísimas cosas, y seguramente la labor no tenga fin, como su amargura y la hiel que desprende ese Foro suyo cada vez que publica algo.