Ferrol e A Coruña tiveron unha xuntanza técnica de coordinación dos servicios sociais

Sainza Ruiz e Silvia Cameán na xuntanza – Concello de Ferrol

Está mañá de as concelleiras de Benestar Social, Muller e Igualdade de Ferrol, Saínza Ruiz, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados de A Coruña, Silvia Cameán se reuniron no salón de actos do Edificio Social da cidade, na rúa Sánchez Barcaiztegui, e o obxectivo, tal e como manifestaba ao inicio a edil ferrolá en declaracións aos medios, é o de «facer unha coordinación técnica e tecer redes entre cidades para evitar duplicidades e mellorar na asistencia aos usuarios«.

Un exemplo de esta cooperación coordinada, segundo explicaba hoxe a concelleira Ruiz, sería a Mesa de técnica de coordinación de Persoas Sen Fogar, da que participan Arraigo, Cáritas, Dignidade, o refuxio Pardo de Atín e mesmo o Sergas, coa representación da área de Saúde Mental do CHUF, mesa que se puxo en marcha no mes de outubro do 2017 en Ferrol, e que logo de varias xuntanzas está a ser unha ferramenta de traballo moi operativa i eficiente.

«Xa levamos xa varias xuntanzas e que é unha experiencia que compartimos coa Coruña, e creemos que cómpre aunar esforzos para evitar duplicidades e mellorar na asistencia«.

Aínda que por unha multicausalidade, e complexo fixar un número de persoas sen fogar cidade, estímase que son aproximadamente un cento as persoas contabilizadas polos técnicos dos servizos sociais, sen recursos estables e carentes de rede de apoio familiar.

No refuxio Pardo de Atín, cunha alta valoración a nivel autonómico, o número de persoas atendidas no ano 2017 foi de 668, das que 279 foron novas pernoctas cun número total de 10.305 estadías. Na Cociña Económica, o número medio de persoas que asisten a diario ao comedor da entidade para foi de 200 no pasado ano.

«Hoxe quixemos ter unha xuntanza especial na que participase a concelleira da Coruña coa súa equipa técnica para tratar de tecer, entre os Concellos e as entidades sociais das dúas cidade, unha rede mais ampla para coordinar actuacións nos casos de persoas sen fogar e para persoas que atravesan unha situación de extrema urxencia social«, manifestou Saínza Ruiz.

Na xuntanza participaron os técnicos municipais de Servizos Sociais do Concello de Ferrol e das entidades sociais da nosa comarca.

Outros dos asuntos abordados na xornada de traballo de hoxe foi a implantación do plan Pro-Infancia que se activou no barrio de Recimil para medio cento de familias con menores a cargo.

«Queremos coordinar acción e dar a coñecer todas as vías que poden empregar os usuarios, evitar duplicidades e mellorar na asistencia as persoas, que son as importante, sobre todo cando hai menores por medio«, rematou a concelleira de Benestar Social de Ferrol.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …