O 26 aniversario de A Mocidade coa Língua celebrado no Auditorio de Ferrol

Cheo absoluto no 26 aniversario dun festival musical netamente en galego que xa é un clásico na primavera da comarca. Preto de 800 mozas e mozos dos distintos centros educativos da nosa comarca participaron na mañá deste xoves na 26 edición do festival A mocidade coa lingua, que arrancaba as 10:30 horas no Auditorio de Caranza.

Está coorganizado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, que voltan a unir forzas, un ano mais, para desenvolver a unha nova edición dun festival xa mítico que pivota en torno a música en galego e que sumou, no escenario, as actuación de sete grupos noveis e un xa con certa sona, como A Banda da Loba.

Liderado pola ferrolá Xiana Lastra e que, precisamente, deu os seus primeiros pasos nas edicións anteriores. O seu álbum, Bailando as Rúas, acaba de ser recoñecido o seu primeiro álbum, Bailando as Rúas, como o mellor do ano nos premios Ari(T)mar da música galego portuguesa e teñen pendente outra actuación na nosa cidade que será o 25 de maio no teatro Jofre coas entradas xa a venda a partires de 5 euros.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, participaba da apertura deste XXVI Festival, ante 800 rapazas e rapaces dunha ducia de centros educativos da nosa comarca.

Sete grupos noveis de distintas idades, municipios e estilos tomaron o protagonismo durante mais de tres horas de música. O primeiro en subir ao escenario foi o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Irene Beceiro e Manolo Dopico, do IES Concepción Arenal. En terceiro lugar, Arredemo, do IES de Fene, Raptios, do CPI de Atios (Valdoviño), cunha proposta de rap en galego, o Carvalho Quartet, do IES Carvalho Calero, o Pay FUNk-Ta, do CPR Tirso e no peche, Indianos, está formado por alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda. Polo medio, as rapazas da Banda da Loba, moi aplaudidas por un auditorio tan alegre como participativo.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle a exposición «Arte en tinta»

O Concello de Narón, ABANCA e Afundación inauguran este xoves 12 de decembro, ás 12.00 …