AFAL amplía ós luns as terapias en Ares para persoas afectadas de alzheimer

Talleres en Ares – AFAL

AFAL Ferrolterra vén de sumar un día ó calendario das terapias para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias que leva a cabo no municipio de Ares. Así, dende agora, as sesións tamén se celebrarán os luns ademáis dos martes e xoves. O horario, os tres días, é de 11 a 13 horas. A presidenta de AFAL, Ana María López, explica que a medida adoptouse a petición dos usuarios e usuarias que acoden ás terapias e con ela preténdese mellorar a atención que reciben.

Lembrou tamén que as sesións se celebran no Centro de Actividades Culturais e contan coa colaboración do Concello de Ares, a través da Concellería de Servizos Sociais. Así, o prazo para anotarse nos talleres continúa aberto tanto no departamento municipal como nas oficinas de AFAL (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou teléfono 981 37 06 92).

Os talleres están dirixidos a veciños e veciñas afectados de alzheimer e outras demencias en fase inicial ou moderada e neles lévanse a cabo diferentes terapias para activar, estimular e adestrar as distintas capacidades e funcións cognitivas das persoas enfermas (percepción, atención, razonamento, abstracción, memoria, linguaxe, procesos de orientación e praxias). ¿Obxectivos? Traballar as capacidades residuais da persoa para evitar a frustración do enfermo, aumentar a súa autoestima e contribuír a pór freo ao avance da enfermidade. Esta terapia lévase a cabo mediante exercicios prácticos a nivel individual, e cun enfoque lúdico a nivel global.

Lea también

El Concello de Ortigueira celebra un año más las “Xanelas do Nadal”

El plazo para inscribirse finaliza el viernes 27 de noviembre. El Concello de Ortigueira continúa …