Arranca en Valdoviño o Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre

Inicio do curso – Concello de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, inauguraba o pasado sábado o Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre que promove o Concello con custe cero para rapaces e rapazas de 18 a 30 anos. Un total de 19 persoas iniciaron esta acción formativa que, ata o vindeiro mes de xuño, impartirá no CPI Atios a Escola de Tempo Libre Néboa. Así mesmo, este xoves, 1 de marzo, pecharase o prazo de inscrición extraordinario aberto polo Concello para crear unha lista de reserva para cubrir posibles baixas que se produzan nas primeiras semanas, se é o caso. Para formalizala é preciso facelo na Casa da Cultura de 10 a 14 horas (tamén se pode descargar a ficha de inscrición da web municipal e presentala nas instalacións culturais xunto á correspondente documentación).

O curso consta de fase teórico-práctica e fase práctica. A primeira, cunha duración de 200 horas lectivas e contidos centrados no eido da psicoloxía, socioloxía, medio ambiente, educación no tempo libre ou lexislación e, a segunda de 150 horas con actividades en campamentos ou colonias xestionadas por Néboa.

O curso levarase a cabo ata o 9 de xuño, os sábados de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas e, os domingos, de 9 a 14 h.

As persoas interesadas en obter máis información teñen á súa disposición os números de teléfono 981 48 76 66 e 645 305 229.

Lea también

El Concello de Ortigueira celebra un año más las “Xanelas do Nadal”

El plazo para inscribirse finaliza el viernes 27 de noviembre. El Concello de Ortigueira continúa …