O Concello de Ferrol rememorará a Amanda García, Torrente Ballester e as víctimas do Holocausto

O Concello de Ferrol rememora este sábado a figura de Amada García Rodríguez, unha muller loitadora e na vangarda do feminismo, combativa en dereitos e igualdade, e comprometida coa liberdade e a democracia que foi executada no Castelo de San Felipe o 27 de xaneiro de 1938, hai case 80 anos cando ela tan so contaba con 28 anos.

Natural de Mugardos, Amada foi condenada a morte pola súa militancia comunista cando estaba embarazada do seu segundo fillo. Foi asasinada a tiros xunto con outras 7 persoas aos 88 días de dar a luz a un neno ao que chamou Gabriel.

O Concello de Ferrol lembra este sábado o 80 aniversario da súa morte, un asasinato tan cruento que foi o símbolo da brutal e sanguinaria represión franquista na nosa comarca con centos de veciños executados polas súas ideas. Será cun acto institucional no propio Castelo, no que participarán, ademais da corporación municipal, a neta de Amada, a Asociación Memoria Histórica Democrática e a Asociación de veciños de San Felipe.

LEMBRANZA A GONZALO TORRENTE BALLESTER NO 19 CABODANO DO SEU PASAMENTO E ACTO MUSICADO ABERTO E DE BALDE NO TEATRO JOFRE

O Concello de Ferrol tamén realizará este venres 26 un xesto de recoñecemento para un dos seus fillos mais ilustres, o escritor ferrolá Gonzalo Torrente Ballester (Ferrol, 1910-1999), co gallo do 19 cabodano do seu pasamento que se producía un 27 de xaneiro de 1999 na cidade de Salamanca.

Será cunha ofrenda de flores as 17:30 deste venres no cemiterio de San Salvador de Serantes, parroquia da que Torrente era veciño e onde se atopa aínda a súa casa natal.

O acto consistía nunha ofrenda floral e da lectura de varios textos por parte do profesor José Antonio Ponte Far, estudoso da súa obra, e unha pequena interpretación musical a cargo de membros Banda Municipal.

Doutra banda, as 19:00 horas da tarde, no Teatro Jofre dará comezo un acto especial centrado na relación de Torrente coa súa cidade natal, en particular coa música. É de balde e os convites están a disposición da veciñanza desde o martes 23 na billeteira do Jofre. Pódense retirar dous convites por persoa no horario habitual ate completar o aforo.

O acto comezará coa proxección dun vídeo sobre os lugares de Ferrol que tiveron importancia na vida de Torrente. A continuación, Ponte Far explicará a relación que tivo o escritor coa música e a importancia desta na súa obra literaria. Para rematar, a parte musical: o Coro da Universidade Sénior de Ferrol interpretará una serie de cancións dun tipo de música que era do gusto de Torrente: populares, como cancións galegas, habaneras, tangos, hispanoamericanas, e pezas de música clásica.

CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DAS VITIMAS DO HOLOCAUSTO

Por último, na mañá do sábado 27, as 12:30 horas, no Salón de Recepcións do Concello terá lugar un acto de recoñecemento co gallo do Día Internacional das Vítimas do Holocausto.

Lea también

En marcha la obra para crear un área de salud mental Infanto-Juvenil en el CHUF. Incluye un nuevo hospital de día

Ya está en marcha la obra para la creación de una amplia área de atención …