Adiado o concerto da Banda da Loba no Centro Cultural Torrente Ballester

 

Por enfermidade dunha das integrantes, e que foi comunicada a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol a última hora desta mañá, vense na obriga de ter que adiar o concerto da Banda da Loba, que estaba previsto celebrarse este venres 26 as 21:00 horas na capela do CTB.

Dende o Concello de Ferrol lamentan moito ter que comunicalo con esta premura, particularmente porque era un concerto moi agrdado e para o que estaban vendidas xa prácticamente todas as entradas.

O concelleiro, Suso Basterrechea, indica que se buscará unha nova data no prazo mais breve posible, nas vindeiras semanas, para a celebración do concerto.

As persoas que xa adquiriran a entradas na taquilla virtual ou física poden solicitar a devolución do importe ou canxealas pola nova data da que informaremos o antes posible.

O Concello de Ferrol amosa as súas desculpas e agardan que a cantante mellore e estea en Ferrol en poucos días.

En todo caso, mañá na capela do CTB, na hora prevista do concerto, haberá unha persoa informando dos motivos da cancelación por se o Concello de Ferrol non logra chegar a todas aquelas persoas que xa teñen as súas entradas.

Lea también

Alumnado del CIFP Leixa en Ferrol visita la exposición de maquetas de Carlos Macías

La concejala de Turismo de Ferrol, Maica García, acompañó al alumnado del curso de Animación …