«As incidencias e retraso que están a producirse na execución das obras da estrada Ares-Chanteiro están a converterse nun auténtico “via-crucis” para as usuarias da devandita via e, en xeral, para o vecindario da zona afectada. O que fora no comezo un retraso inxustificado das obras –adxudicadas a comezos do 2016 e iniciadas un ano despois- pola negativa de Telefónica á substitución da liña existente, segue sen resolverse a día de hoxe; afectando á continuidade das obras» sinala o BNG de Ares nun comunicado.
«De feito, a día de hoxe calquera pode ver unha anárquica rede de cableado, onde se mistura o tendido antigo e o presunto novo; que resumen gráficamente o que entendemos coma resultado non só de problemas concretos, senón dun desleixo xeral. E todo isto, cunha estrada na que se agrava a inseguridade, como resultado do desnivel da calzada no tramo que se vai ampliar, unha deficiente sinalización e a falla de alumado.
Neste contexto, non é de recibo tirar balóns fora contra da empresa adxudicataria, Telefónica ou Unión Fenosa; mentras que a perigosidade da estrada deixa na máis absoluta indefensión ás usuarias, sexan peóns ou veículos, e crean situacións coma as que motivaron o accidente que se producíu o pasado domingo. Certo é que un accidente pode telo calquera persoa e en calquera estrada; mais non é menos certo que o mantemento dunha estrada na situación coma a que está a de Ares-Chanteiro multiplica as posibilidades de que aconteza. E cúmpre evitar que isto poida acontecer, porque está en risco a vida das persoas».
Petición á Deputación
Neste sentido, desde o BNG de Ares van remitir urxentemente unha petición á Deputación de A Coruña –como institución responsábel das obras- para que, con carácter inmediato e inaprazábel adopte as seguintes medidas:
– – Obrigar ás empresas encargadas de repoñer os servizos de telefonía e suministro eléctrico á realización inmediata destes traballos; exercendo a tal efecto as presións que fosen precisas para desbloquear a situación.
– – Requerir da empresa adxudicataria das obras o reforzo da sinalización das obras, tanto no referente á permanente coma a singular que se fai no momento que se está a traballar na estrada.
– – Estudar, como medida transitoria, a posibilidade de iluminación dalgunhas zonas da estrada; nomeadamente as que fican en zonas habitadas.
No mesmo sentido, o BNG entende que o concello debe de facer unha fiscalización pormenorizada das obras; garantindo en todo momento os direitos da cidadanía e a efectiva execución deste proxecto longamente demandado e necesario para garantir a seguridade de peóns e vehículos.
Por último e, para o caso de manterse esta situación, o BNG non desbota adoptar outro tipo de medidas -mesmo mobilizacións- para conseguir un compromiso na resolución desta situación; na que están en xogo non só a formalidade e responsabilidade das institucións á hora de realizar as obras senón, fundamentalmente, a seguridade das persoas.
Vaya, vaya… Pero si la Diputación son ellos! Están en pacto con el PSOE, se les olvidó ya? Claro, los del Bloque son los que siempre pelean por suprimir las diputaciones menos cuando tienen opción de pactar y dirigirlas. Ahora llevan 3 añitos que no dicen ni ‘mu’ al respecto.