A CIG Navantia valora de forma positiva a resolución do conflito con III convenio

Logo da reunión da Coordinadora Unitaria dos Comités de Empresa coa Dirección de Recursos Humanos de Navantia, onde se  anticipou o compromiso por parte da SEPI e Navantia do abono das asimilacións e, polo tanto, a consolidación do nivel salarial e a súa regularización a todos os traballadores e traballadoras aos que lles corresponda, abonando un anticipo a conta da nómina do mes de decembro e deixando os atrasos e a regularización do nivel para a nómina do mes de xaneiro desde a Sección Sindical da CIG  mediante un comunicado sinalan  as seguintes consideracións:

Valorar de forma positiva a resolución do conflito

«En primeiro lugar, valorar de forma positiva a resolución do conflito que viñamos mantendo coa Dirección de Navantia para recuperar a aplicación íntegra do III Convenio Colectivo e así dar cumprimento á sentenza que o tribunal supremo fixo pública o 19 de decembro de 2016.

En segundo lugar, é necesario botar a vista atrás e facer unha avaliación do que supuxo a tentativa da empresa, e de algúns representantes da parte social, de tentar implantar o IV Convenio. Neste aspecto cumpre subliñar a firme oposición que, desde o primeiro momento, mantivo a Sección Sindical da CIG fronte aos diferentes relatos que pretendían xustificar a  necesidade de asinar un convenio cheo de recortes, onde se poñían encima da mesa cuestións tan determinantes como eran a mobilidade xeográfica e as baixas por incapacidade a criterio da empresa, os recortes nos beneficios sociais , os recortes en materia retributiva (como pretendía ser a substitución das asimilacións polo concepto de garantía de emprego) ou que conceptos como este ultimo ou a antigüidade pasasen a se percibidos só pola xente que neses momentos estivera no cadro de persoal de Navantia, deixando para as futuras
incorporacións condicións económicas diferentes, creando traballadores de primeira e traballadores de segunda.

Desde un inicio, esta oposición da CIG ao IV Convenio estivo acompañada por un sentimento
maioritario, por parte do conxunto das traballadoras e traballadores, que era contrario a sinatura do Convenio e que axiña cristalizou nas diferentes asembleas, facendo virar a unha  parte da representación social cara as posturas maioritarias na factoría. Dando como desenlace a desautorización dos asinantes do IV Convenio e o inicio do proceso xudicial, por parte da CIG e CCOO, que desembocou na ilexitimidade do mesmo.

En terceiro é ultimo lugar, estamos ás portas da negociación dun Plan Industrial que debería servir para definir o futuro a medio prazo de Navantia. Neste aspecto queremos facer fincapé na necesidade de facer unha aprendizaxe do sucedido durante o proceso do IV Convenio onde se deixou de lado a opinión maioritaria das traballadoras e traballadores, para facer valer posicións que non tiñan nada que ver coa defensa dos seus intereses.

Desde a CIG temos claro que só desde o debate e a posta en común dos criterios do conxunto das traballadoras/es, conseguiremos superar con éxito os retos que nos deparan as próximas negociacións do plan de empresa e do novo convenio colectivo».

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …