O portavoz do grupo municipal do BNG de Narón, Pablo Villamar, denuncia a postura “hipócrita” do PP tras apoiar as addendas dos convenios que obrigarán a pagar 5,5 millóns de euros aos vecinos e veciñas de Narón polas obras do saneamento e pedir no pleno rebaixar as taxas do servizo.
Villamar reiterou a postura do BNG sobre o saneamento da ría lembrando que os traballos dos colectores xerais foron declarados de interexe xeral nun plan estatal do ano 1997 (hai 20 anos) que no ano 2004, segundo os datos do Ministerio de Medio Ambiente, tiña executado ao 93%. As obras de Narón-Ferrol formaban parte do 7% restante sen executar. “A discriminación á que o Goberno do Estado someteu aos veciños e veciñas queda manifesta con este retraso”, afirmou o portavoz municipal, “e co feito de que no resto de actuacións os seus habitantes non tiveron que realizar achega económica ningunha e no caso da nosa si”.
O edil nacionalista explicou que a contratación e a execución das obras foi responsabilidade do organismo público estatal Acuaes e que a dilación na execución das obras dos interceptores xerais da marxe dereita da ría impediu certificar os traballos no ano 2015, quedando, polo tanto, excluídas das axudas europeas e tamén de Acuaes. “Non é de recibo”, asegurou Villamar, “que sean os veciños e veciñas de Narón as que paguen os 5,5 millóns de euros derivados da sua mala xestión”. O nacionalista criticou máis unha vez a sinatura dun convenio -entre o Goberno central, a Xunta e o Concello de Narón (TEGA, PP), cunha clausula “que obriga a asumir este custe imputándollo aos veciños e veciñas de Narón malia non ser os concellos os que tivemos responsabilidades na contratación nin na execución das obras do saneamento que dependeron directamente do Goberno central”.
“Con este acordo aprobado no pleno”, indicou o voceiro nacionalista, “estase a asumir un compromiso de ter que aboarlle a Acuaes uns 5,5 millóns de euros, un diñeiro que dende o BNG consideramos que ben poderiamos ter usado para os traballos pendentes de saneamento na zona rural en Narón”. O feito de ter que facer fronte a eses gastos dende o Concello de Narón fai que a veciñanza da cidade, tal e como denunciou Villamar, “vexa incrementada a taxa correspondente a este servizo”.
Así, o portavoz nacionalista cualificou de “hipócrita” a postura mantida polo Partido Popular neste tema, incidindo en que “someteu á cidadanía a unha clara chantaxe ao dicir que se os concellos non poñiamos os cartos, a obra non se facía”. Villamar referiuse en concreto á posición dos “populares” naroneses sobre este asunto, lamentando que “en vez de apoiar os seus veciños, apoiou o Goberno central e á Xunta, e agora eles, que axudan a que se lles suban as taxas aos veciños, presentan mocións nos plenos pedindo que se rebaixen”.
En canto ao requerimento efectuado polo Concello de Narón a Augas de Galiza e ao Concello de Ferrol sobre a encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento, o portavoz municipal do BNG naronés indicou que coincide “plenamente co que o BNG vén manifestando desde hai anos no sentido de que a depuradora de Cabo Prioriño debe xestionala a Xunta e que o financiamento non debe realizarse a través dunha taxa, senón do coeficiente de vertido, imposto establecido pola Xunta”.
Villamar el hipócrita llamando hipócrita a los demás.
Por eso se marcha, nunca un hombre del bloque impuso unas tasas más de derechas.
https://m.youtube.com/watch?feature=share&v=_Ak7PxDIrsE
A ver si lo entiendo: el bng crítica al PP por opinar lo mismo que tega, pero a tega no sólo no los critican sino que gobiernan con ellos. Está bien la cosa
El que aprueba los impuestos y las tasas junto con TEGA… culpa a los de la oposición…. en fin.