Porta Máxica, o primeiro festival de maxia e ilusionismo para o Nadal ferrolá

Instante da presentación – Concello de Ferrol

Porta Máxica é o nome do I Festival de Ilusionismo de Ferrol que aterra na nosa cidade con novo ano. O concelleiro de Cultura, Turismo e Festas, Suso Basterrechea, e o director técnico do festival, o mago Martín Varela, facían este mediodía a presentación dunha nova proposta cultural que ten cabida na nosa cidade para achegar a maxia a todos os públicos e idades itinerando por distintos escenarios i espazos, no urbano e no rural, para achegar un anaquiño de maxia e ilusión a todos os públicos neste Nadal 2017-2018.

Esta será a primeira edición do festival Porta Máxica de Ferrol, un evento que traerá á nosa cidade a algúns dos mellores ilusionistas do momento. Durante o 2, 3 e 4 de xaneiro, a ilusión vai invadir Ferrol en forma de diferentes actividades: dende obradoiros, nos que os máis pequenos poderán aprender a facer maxia, ata actuacións no Complexo Hospitalario Universitario, na Residencia de Maiores e, por suposto, no Teatro Jofre, que será o anfitrión das galas de maxia.

Pola nosa cidade pasarán, en tres días, todo tipo de magos para a ocasión: cómicos e elegantes, maiores e novos, clásicos e innovadores, así como artistas doutros países e da nosa propia terra. Estes profesionais da maxia atravesarán a Porta Máxica, e chegarán a Ferrol para traer toda a súa ilusión.

GALAS DE MAXIA, TEATRO JOFRE

Gala Lorc & Julit

• 3 de xaneiro ás 19:30, co mago Foje, Carrie Misstake, Juan Vidal, Martín Camiña e Fani Triana. Presenta: Kayto o mago. (Teatro Jofre)

O madrileño Kayto será o anfitrión dunha gala na que se presentará a maxia da comunidade galega, como son Martín Camiña e Fani Triana, ademais dos ferroláns Foje, Juan Vidal e Carrie Misstake. Será un espectáculo no que se combinarán diferentes disciplinas máxicas, dende a maxia de preto, ata a maxia cómica ou o mentalismo. A gala será unha homenaxe ao dúo Lorc & Julit, antepasados da tradición máxica na cidade de Ferrol, que levaron a súa maxia por todo o mundo e un dos seus escenarios preferidos era o deste teatro.

Gala Porta Máxica

• 4 de xaneiro, 2 funcións (ás 18:00 e ás 20:30), con Pablo Cánovas, Dúo Kybalion, Tecnomagos, Kayto, Tá na manga. Presenta: Martín Varela. (Teatro Jofre)

A gala Porta Máxica é o peche deste I Festival de ilusionismo, no que se contará con grandes artistas consagrados como Tá na manga (Portugal) o Dúo Kybalion (Rusia e Arxentina) ou Kayto (Madrid), combinados con novos talentos como son Tecnomagos (Barcelona), Pablo Cánovas (Córdoba) e Martín Varela (Ferrol). Esta gala, dirixida cun fío conductor acerca da maxia invadindo Ferrol a través da Porta Máxica, contará tamén cunha gran variedade de números, galardonados a nivel internacional en diversos espectáculos de maxia, que levaron a algúns dos artistas a traballar nos mellores escenarios de todo o mundo. Traerán a Porta Máxica os mellores actos do seu repertorio para facer as delicias de todos os espectadores ferroláns.

PROGRAMA FAMILIAR DE PORTA MÁXICA

• 2 de xaneiro ás 18:30, a maga Fani Triana presenta «Maxia pola igualdade» – Centro Cívico de Caranza

Xusto a continuación do obradoiro de maxia de Caranza, no mesmo Centro Cívico terá lugar a función do espectáculo da maga coruñesa Fani Triana. Promete unha actuación chea de ilusión e humor. Sobre todo, o que nos ofrecerá é o seu particular xeito de ver a maxia: dende o punto de vista dunha muller

• 3 de xaneiro ás 17:00, o mago Martín Camiña presenta «A ilusión dun músico», xunto a Álvaro Muras – Biblioteca Municipal (Praza de España)

Unha oportunidade única pra disfrutar da maxia de Martín Camiña en familia. El e Álvaro muras intentarán respostar no seu espectáculo a preguntas como: Pódese facer maxia cun instrumento de corda? E pódese facer música cunha baralla de cartas

Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se rompen e seguen sonando, unhas notas de humor e unha parte moi importante: a participación dos espectadores.

OBRADOIROS PORTA MÁXICA PARA NENOS A PARTIRES DOS 6 ANOS

Os obradoiros de maxia de Porta Máxica teñen por obxectivo achegar a arte da ilusión aos máis pequenos. Nenos e nenas de a partir de 6 anos poderán participar en 4 obradoiros con prazas limitadas a 15 alumnos en cada un:

• 2 de xaneiro ás 12:30 – Asociación de Veciños de Covas.
• 2 de xaneiro ás 17:00 – Centro Cívico de Caranza
• 3 de xaneiro ás 11:00 – Asociación de Veciños de Esmelle
• 3 de xaneiro ás 12:30 – Centro Cívico de Canido

As inscripcións poden realizarse vía online en www.portamaxica.com e as confirmacións serán enviadas por correo electrónico. As prazas serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción.

Os profesores serán algúns dos magos do Colectivo Máxico Lorc & Julit, coa experiencia de decenas de actuacións fronte a públicos diversos. Compartirán a súa experiencia e os seus coñecementos para espallar o gusto pola maxia en Ferrol.

DÍA 2 DE XANEIRO

11:30 – Apertura oficial do festival – Hall do Teatro Jofre

12:30 – Obradoiro de maxia – Asociación de Veciños de Covas

17:00 – Obradoiro de maxia – Centro Cívico de Caranza

18:30 – Fani Triana presenta “Maxia Pola Igualdade” – Centro Cívico de Caranza

DÍA 3 DE XANEIRO

11:00 – Obradoiro de maxia – Asociación de Veciños de Esmelle

12:30 – Obradoiro de maxia – Centro Cívico de Canido

17:00 – Martín Camiña e Álvaro Muras presentan “A Ilusión dun músico” – Biblioteca Municipal (Praza de España)

19:30 – Gala de maxia Lorc & Julit, co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Martín Camiña e Fani Triana. Presenta: Kayto o Mago – Teatro Jofre.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …