Villamar (BNG Narón) pídelle a López Balado seriedade para non confundir á veciñanza de Narón

O portavoz do grupo municipal do BNG de Narón, Pablo Villamar, pídelle ao voceiro do PP, Marcos López Balado, “máis seriedade e datos contrastados para non confundir á veciñanza do concello”.

No que respecta ao recibo de saneamento e abastecemento, Villamar subliña que o que o PP propoñía na moción “era irrealizábel” polos motivos que xa explicamos: os beneficios de Cosma non poden ser destinados a reducir o recibo da auga porque a normativa non o permite. Só se poden destinar ao reparto de beneficios entre os socios –Concello e Aqualia- ou ao capítulo de reservas da sociedade, opción esta última pola que se leva apostando desde o ano 2009, o último no que se repartiron beneficios.

Villamar lembrou que as actas dos últimos consellos de administración de Cosma non menten e, nese sentido, asegura que “en todo este tempo o PP non puxo pegas a que os beneficios revertesen na empresa para incrementar o seu patrimonio neto. É no consello de administración onde hai que facer as propostas e nos consellos de 2015 e 2017 –correspondentes aos exercicios 2014 e 2016, respectivamente- o representante do Partido Popular nin tan sequera asistiu”. Villamar insistiu en que “non se pode facer unha proposta sobre a repartición de beneficios que xa teñen sido aplicados e unhas contas que xa foron aprobadas e rexistradas. López Balado deberíao saber”. Ademais, Pablo Villamar, concelleiro de Xestión Orzamentaria, lémbralle ao portavoz popular que as tarifas de Cosma están conxeladas desde o ano 2014 e lamentou que “obvie” o feito de que en decembro de 2016 se aprobara un investimento de dous millóns de euros para reforzar as redes de saneamento e abastecemento da zona urbana e ampliar as do rural.

En segundo lugar, Villamar indicou que “sempre que me dirixo á opinión pública é con datos contrastábeis” e que se se dirixe a el é porque “tanto na nota que remitiu aos medios como nas súas intervencións no pleno interpeloume a min directamente e non a outras persoas”.

En terceiro lugar, e no que atinxe ao IBI, Villamar lémbralle a López Balado que no ano 2008, cando se solicitou unha revisión dos valores catastrais “o BNG non gobernaba en Narón, nin tampouco en Madrid”. Ademais, subliña que «o Concello só pode intervir nos coeficientes e o certo é que en 2011 este estaba no 0,67 e o Partido Popular, nada máis chegar á Moncloa, aprobou un Real Decreto-Lei (o 20/2011) no que obrigou a Narón a subilo ao 0,70. Hoxe está no 0,65 e en 2018 será o 0,62”.

Villamar considera “irónico” que sexa un representante do Partido Popular o que fale da suba de impostos: “Na campaña que rematou coa vitoria de Mariano Rajoy, o candidato fartouse de dicir que os ían baixar, cando a realidade foi ben outra”, di. Así, animou a López Balado a ler a prensa e comprobar que a política fiscal do Partido Popular foi demoledora: en tan só un ano e medio de lexislatura o Executivo central aprobou 30 subas mediante cinco revisións do IRPF, catro do Impuesto de Sociedades, dúas do IVE, dúas do IBI –incluído o Catastrazo- ou a renovación do Imposto de Patrimonio cando anunciara a súa supresión. Neste tempo, ademais, creou 12 novas figuras tributarias (oito no sector eléctrico e outras para cobrar o 20% dos premios das lotarías, para os depósitos bancarios, os hidrocarburos ou o medio ambiente). «Todo un récord”, dixo.

Lea también

Os locais de hostalería e restauración pódense inscribir na Ruta degustación da tarta de Narón

A concellería de Promoción Económica, dirixida pola edil Olga Ameneiro, impulsará unha Ruta degustación da …

2 comentarios

  1. Al señor Villamar le recuerdo que cuando suben los impuestos siempre es cosa de Madrid y cuando los bajan es gracias al BNG y compañia, por eso Naron es el ayuntamiento con los impuestos mas bajos de Galicia.
    Al BNG y al señor Villamar le sugiero que mire un poco para atras y se acuerden de ciertas promesas electorales, no querian las Diputaciones por ser herencia del franquismo y ademas ser un saco roto de malgasto de dinero, para gestionar ya estaban los Ayuntamientos, pero eso si tan pronto fueron elegidos se subieron al carro de las Diputaciones y no con pequeños cargos-

  2. Al señor Villamar le recuerdo sus promesas electorales respecto a las Diputaciones franquistas, no las querian, pero eso si tan pronto fueron elegidos cargos electos que pronto se subieron a las mismas y no con cualquier cargo.
    Tipica disculpa del mal politico cuando las cosas van mal es cosa del adversario politico y cuando van bien que bien lo hago.