O goberno de Ferrol agarda que se faga efectiva a decisión do Congreso de ceder o edificio de Aduanas

O Goberno de Ferrol agarda que se faga efectiva a decisión do Congreso dos Deputados, que no pleno celebrado na tarde do mércores, acordou, con maioría democrática, a cesión gratuita do antigo edificio de Aduanas ao Concello de Ferrol.

É unha boa nova que, a iniciativa do Goberno local a través de En Marea no Congreso se instase a cesión gratuíta do edificio de Aduanas -na fachada marítima de Curuxeiras- e que isto frutificase cunha votación positiva”, manifestaba hoxe o rexedor, Jorge Suárez.

O rexedor manifestou a súa confianza en que o Executivo central en Madrid acate e de cumprimento a este mandato democrático da Cámara baixa e se concrete a cesión de balde deste inmoble por parte do Ministerio do Interior ao Concello de Ferrol, que ambiciona convertelo nun albergue para os peregrinos que inician na cidade o Camiño Inglés a Santiago, que está a experimentar un forte crecemento nos últimos tempos.

Agardamos que a democracia sexa usada polo Executivo para acatar a decisión tomada no Congreso, que a cesión sexa efectiva e que poidamos usar ese inmoble en estado ruinoso para políticas vinculadas ao turismo a través dun albergue de peregrinos, que era a nosa idea inicial, e convertelo nunha oportunidade de emprego e desenvolvemento económico”, engadiu.

O edificio de Aduanas, en desuso e nun estado deplorable para falta de mantemento do Goberno central, e foi obxecto do poxa até en dúas ocasións por un importe de 355.000, no primeiro intento.

Un proxecto ambicioso no que terían que implicarse, apuntaba Suárez, outras administracións e que xa fora abordado en distintas xuntanzas co presidente da Deputación provincial, Valentín G. Formoso.

NEGATIVA DE DEFENSA A ABORDAR O DERRUBO DO MURO DO ARSENAL

Doutra banda, en no extremo oposto, o rexedor lamentábase hoxe da negativa do Ministerio de Defensa ao derrubo do muro do Arsenal, unha vella aspiración de todos os Gobernos de Ferrol para avanzar na supresión dunha división física da cidade en dúas metades que cega a visión da ría e non permite a interacción fluida entre a urbe e o mar que a rodea.

No lado negativo, esta semana tamén tivemos coñecemento da argumentación do Ministerio de Defensa ao respecto do derribo da muralla”, lamentou. “Nós estamos dispostos ao diálogo para conseguir abrir Ferrol ao Mar porque o muro é algo que non ten sentido, a día de hoxe, e a nivel patrimonial”, manifestou o alcalde.

Lembra que a nivel técnico, a ditamentes previos que determinan que hai partes da muralla que poderían estar abertas “para que Ferrol sexa, realmente, unha cidade de mar”.

Estaremos no Congreso as veces que faga falta para que isto sexa así”, rematou.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …