El Concello de Ferrol incrementa a achega a seis entidades sociocomunitarias no último pleno

Fot. M. Galdo

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social, incrementou a achega económica de fondos públicos a seis entidades sociosanitarias do noso municipio que combaten activamente a exclusión social e avogan pola integración e a igualdade en capacidades e dereitos a través da modificación dos convenios nominativos do ano 2017.

Son Asfedro, asociación histórica na nosa comarca que loita contra a drogadicción, Dignidad, Atención a persoas en risco de exclusión social, Alcer, a asociación para a loita contra as enfermidades do ril, Asociación Parkinson, que traballa por mellorar a calidade de vida dos afectados, Agamme, protección da infancia e adolescencia, e Asotrame, Asociación de transplantados de medula ósea.

No caso de Asfedro, a entidade quintuplica a súa achega municipal, de 3.000 a 15.000 euros. Tamén teñen dotación dúas de nova creación que non teñen cobertura da rede sanitaria autonómica, como Asotrame e Agamme, que percibirán 2.000 euros, e no cso de Alcer e a Asociación Parkinson, dobran a súa contía, de de 3.000 a 6.000 no primeiro, e de 6.000 a 12.000, o segundo. Por último, Dignidad tamén multiplica por dous a achega que viña percibindo no ano 2015 que pasa de 1.000 euros a 3000 neste ano 2017.

A proposta, que ven impulsada desde Benestar Social, foi aprobada hoxe no pleno ordinario de fin de mes. O Goberno entende que era unha cuestión de xustiza e equidade incrementar as achegas, que nalgúns casos eran de todo insuficientes, para entidades que traballan activa e intensamente por combater a exclusión social de persoas con menos recursos e mellorar a atención sociosanitaria dos enfermos de Parkinson.

APROBADAS A ORDENANZA DE ANIMÁIS E O REGULAMENTO DA CASA DA XUVENTUDE

No pleno ordinario de fin de mes, hoxe tamén quedou aprobado definitivamente a Ordenanza municipal de protección dos animais e convivencia responsable, logo de incorporar ao texto final as achegas feitas polos grupos da oposición e foi aprobado, de xeito inicial, o regulamento de uso e funcionamento da Casa da Xuventude, tamén coas achegas do resto dos grupos e das propias entidades xuvenís, non texto que aposta claramente pola autoxestión do espazo e por promover unha mocidade activa e implicada nas cuestións da súa cidade e tempo.

FESTIVOS LOCAIS 2018: MARTES DE ENTROIDO E LUNS DE CHAMORRO

A proposta da Concellería de Cultura, os festivos locais no vindeiro ano 2018 serán o martes de Entroido (13 de febreiro) e o Luns de Chamorro, 2 de abril.

DÍA DA NENA

Fora da orde do día, a Declaración Institucional polo día da Nena, proposta pola FEMP e que se celebra o vindeiro 11 de outubro, nunha data fixada pola ONU.

Tal e como expuxo a concelleira de Benestar Social, Muller, Mocidade e Igualdade, Saínza Ruiz, pon de manifesto “o compromiso dos Gobernos locais a hora de implementar políticas públicas destinadas a protección, a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos, a educación e o empoderamento económico e político, e a promoción dos dereitos das nenas”.

Lea también

Delegados de CGT se concentran ante los juzgados de Ferrol «por incumplir» Navantia una sentencia

Delegados de la sección sindical de la CGT en Navantia Ferrol se han concentrado este …