Pontedeume acolleu aos participantes na viaxe reivindicativa do Foro Cidadán polo Ferrocarril

Eran as 8.45 da mañá deste sábado, 25 de outubro, e na estación de Ferrol congregábanse numerosas persoas dispostas a participar na 2ª Viaxe Reivindicativa que polo dereito a un tren do século XXI, para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal tiña convocado o Foro Cidadán polo Ferrocarril.

Alcaldes, entre el que figuraban o alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade de Concellos, José M. Rey Varela e a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, os concelleiros Iván Rivas do BNG; o ex-alcalde e concelleiro de Ferrol en Común Jorge Suárez, outros concelleiros e concelleiras dos distintos grupos políticos con representación institucional nos concellos de Ferrol, Narón, Fene, e Cerdido arrouparon a mobilización, subindo moitos deles n ao tren que os levaría ata Pontedeume.

Antes da partida, deuse lectura ao manifesto reivindicativo que recolle en esencia os puntos fundamentais da “Declaración Institucional por un tren do Século XXI paraFerrolterra, Eume e Ortegal “ que foi aprobada por unanimidade polo Pleno do Concello de Ferrol o 26 de xuño deste ano e tamén por unanimidade na Sesión Plenaria extraordinaria da Mancomunidade de Concellos de Ferrol, o pasado luns 20 de outubro.

Á chegada a Pontedeume a comitiva foi recibida polo alcalde de Pontedeume Bernardo Fernández e a concelleira do PSdeG-PSOE, Alejandra Bellón, así como numeroso público que desde alí acompañou á comitiva ata a Praza do concello de Pontedeume, onde foron recibidos polo son ledo e musical dos “Trasnochadores do Eume”, grupo musical que baixo a dirección de Ofelia Regueira, entoaron diversos temas que foron moi aplaudidos.

Trala lectura do manifesto reivindicativo, o alcalde de Pontedeume tomou a palabra para agradecer “á sociedade civil que dera o paso para defender unha causa que é de toda unha bisbarra, porque é de Ortegal, Ferrolterra, o Eume, e incluso das baías Betanceiras que están entre A Coruña e Ferrolterra”

Os “Trasnochadores do Eume” , que lograron que cantaran todos os congregados, rematron o acto.

Lea también

El conselleiro de Cultura visita las obras de rehabilitación de la torre sur de la concatredral de San Xiao

La concatedral de San Xiao continúa con su rehabilitación, en una obra financiada por la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *