O BNG contra o convenio asinado entre a Xunta e o Concello para o saneamento da Malata

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, tras a sinatura, na mañá deste luns, do convenio para o saneamento da Malata, considera que o goberno local é un goberno entregado às grandes empresas constructoras das obras de saneamento, às empresas que xestionan esta infraestructura e á Xunta de Galiza. Hoxe, coa complicidade do PP e o goberno local vaise impoñer, con este novo convenio, unha nova carga económica aos veciños e veciñas da cidade sen que se avance o máis mínimo nun novo modelo de depuración baseado nunha rede separativa, nin nun novo modelo de xestión directa e transparente, nin na exixencia das súas responsabilidades as administracións competentes como son o Estado e a Xunta.

Este novo convenio supón unha nova carga económica para os ferroláns que se suma ao lastre que supón facerse cargo dunha depuradora propiedade da Xunta de Galiza da que se nos fixo responsables aos ferroláns da súa xestión e reparación.
Mediante este acordo, o goberno municipal asume o compromiso de incrementar a taxa de saneamento para cubrir os custos da explotación e amortización da infraestructura e será o Concello quen pagará as expropiacións.
Ademais o modelo de convenio que se está a seguir é o mesmo que o asinado con ACUAES para a xestión e construción dos interceptores. Unhas obras financiadas con fondos europeos que se non se executan en tempo, terán que ser asumidas polos ferroláns como acontece cos interceptores dos que no momento actual asumimos xa o 30% do seu custe co silencio e complicidade do goberno local.

Este acordo implica ademais que o saneamento da cidade seguirá a basearse nun modelo de rede unitaria, con novos tanques de tempestades, cando non hai excusa para que as novas obras e por tanto este proxecto se poida desenvolver mediante unha rede separativa. Tendo en conta ademais que non se contempla o saneamento integral de A Malata ao quedar excluído do convenio as concas do río Sardiña e A Graña.

Por todo isto para o BNG este acordo significa validar o modelo de saneamento do PP, pensado para incrementar a rendibilidade das empresas constructoras mediante o modelo de saneamento máis rendible para elas como é a rede unitaria, a rendibilidade das empresas que xestionan as infraestructuras incrementando o seu volume de negocio entregándolles a súa xestión e eximindo de responsabilidade a Xunta e ao Estado ao impoñer novas cargas económicas e de xestión aos ferroláns.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …