O BNG ao goberno local que se comprometa dunha vez coa normalización do galego

» O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o goberno local debería dar explicacións do uso da lingua galega en eventos financiados polo concello, do reparto de diñeiro entre os colectivos da cidade en base a subvencións nominativas e non de concorrencia competitiva e dos termos en que empresas privadas participan en eventos que o Concello financia» sinala o BNG nun comunicado emitido este venres..

«O BNG considera que o Goberno local en relación ao evento das “Meninas de Canido” continua a aplicar unha política de subvencións nominativas semellante à que desenvolvía o Partido Popular e pretende desenvolver para esta actividade un convenio nominativo no que non sabemos cales son os criterios fixados polo goberno municipal de Ferrol á hora de cuantificar a aportación municipal para este evento que este ano se situa nos 10.000 € aos que hai que sumarlle outros 10.000 que aporta a Empresa de Turismo do Concello de Ferrol e cal é o encaixe destas aportacións de diñeiro público nun evento que conta, ademais, coa participación de empresas privadas».

O BNG sinala, ademáis, que a propaganda, a publicidade e os actos que se celebran en torno a esta actividade exclúen o galego, a pesar de estaren financiados con fondos públicos.

O BNG esixe ao goberno local que se comprometa dunha vez coa normalización do galego na nosa cidade. O BNG pide que se lle dea visibilidade e se empregue o galego na publicidade deste evento que habitualmente é case inexistente. As consecuencias deste tipo de comportamentos supoñen un atraso máis no proceso de facer normal o uso da nosa lingua na nosa cidade.

O BNG esixe a este goberno que desenvolvanuns criterios obxectivos para o reparto do diñeiro público entre os colectivos da cidade e abandone a política de subvencións discrecionais do PP para que todas as asociacións da cidade poidan acceder ao diñeiro en igualdade de condicións e con transparencia.

O BNG esíxelle ao goberno municipal que se implique directamente na recuperación e rehabilitación do barrio, con investimentos públicos que o fagan viable e a través dunha xestión directa. Cómpre lembrar que unha iniciativa como esta, que naceu cun caracter reivindicativo e coa esixencia às administracións públicas para que asuman a súa responsabilidade na recuperación do barrio, non se pode substituir pola participación dunha entidade financieira que como toda empresa privada ten como finalidade o negocio.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

Un comentario

  1. Los del bloque no entienden el significado de la palabra libertad. El castellano es la lengua oficial de España y todos tenemos derecho a utilizarla. Tampoco entienden el término «normalización»: Si hay que hacer algo normal es porque no lo es, cosa que no pasa con el gallego; lo que si empieza a ser extraño es encontrarse las cosas en castellano en museos, mobiliario urbano, cartelería… haciéndonos ver que el castellano es una lengua que no se utiliza. Si mi gallego no estámuy oxidado (máxime teniendo en cuenta de que cuando no se lo inventan hablan una especie de portugués) el término que están buscando se dice igual que en la lengua de Cervantes: Imposición. Aunque realmente creo que ya lo saben.