O Parque fluvial do Río Freixeiro acollerá este domingo, día 3, a cuarta edición da “Festa Infantil Cidade de Narón”. A concelleira de Festas, Mar Gómez, e a representante da empresa La Guagua, Carla Iglesias, deron a coñecer hoxe as actividades que se desenvolverán de 12.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. A edil de Festas destacou que se trata dunha serie de propostas “pensadas tanto para o público infantil como o adulto, para poder gozar todos xuntos dun día de festa participando activamente neste evento que se convoca desde o Concello”.
Ao longo da mañá e da tarde, a partir das 12.00 e das 16.00 horas, as persoas que se acheguen ao Parque de Freixeiro terán a oportunidade de divertirse nos inchables (algúns deles acuáticos), camas elásticas, wipe out, na torre multiaventura con tirolina, no rocódromo, practicar o fútbol en burbulla ou subirse aos karts a pedais.
Así mesmo, tal e como apuntou Gómez, a partir das 12.00 horas, na zona do escenario haberá un espectáculo de teatro para bebés: Tufina, unha princesa porquiña e ás 13.00 unha Escola de Teatro con malabares, mimos e acrobacias. Xa pola tarde, ás 18.00 horas terá lugar o espectáculo de circo Circanelo, a modo de fusión de acrobacias, danza e circo e ás 19.00 horas comezará a Festa da espuma, que se iniciará cunha batalla de auga.
A edil de Festas recordou ademais que durante toda a xornada os asistentes terán a oportunidade de ver doce ilusións ópticas do Mago Romarís, unha proposta, indicou, máis orientada ás persoas adultas pero que tamén será do gusto dos de menor idade. “Este ano ampliamos a oferta de actividades nesta Festa Infantil debido a que se trata dun evento que reúne no Parque de Freixeiro a moitas veciñas e veciños de Narón, pero tamén chegados doutros concellos da zona, e trataremos de que todos e todas teñan a oportunidade de gozar con nós desta festa de fin de verán”, destacou Mar Gómez. A edil naronesa convidou á veciñanza a asistir a este evento, “no que a diversión está garantizada”, asegurou.
¿Dónde están los datos de este expediente de contratación? En el perfil del contratante del concello, desde luego que no. ¿Otra contratación «a dedo»?
No se asustará la gente con las ratas, el mal olor y la suciedad del río?
Se nota que hace tiempo que no vas por allí. Lo de las ratas está en vías de solución y ya no se ven y el mal olor hace tiempo que desapareció, y eso que la sequía tiene el río casi sin agua. Y no hablo de oídas que acabo de llegar a casa de pasear por allí, como hago amenudo… Las mentiras tienen las patas muy cortas. Que pena de gente que por politiqueo barato descalifica un espacio tan bonito como nuestro parque.
Por cierto, lo que sí hay son unos patos salvajes preciosos aunque no siempre se ven…