O BNG manifesta que a hipocresía do goberno e do PP coa xestión da EDAR non ten límites

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que «este goberno nos toma por parvos e parvas cando foron eles xunto ao PP quen nos fixo cargar co morto dunha EDAR defectuosa e cos custes da súa reparación e da súa posta en funcioanmento. Se Narón non colabora nos custes de depuración é exclusivamente responsabilidade deste goberno e do PP que non sabían como facer para entregar a depuradora a EMAFESA e incrementar o seu volume de negocio«.

A hipocresía do PP e deste goberno acusándose mutuamente desta necedade non ten límites para os nacionalistas, xa que «foron eles os que aprobaron nun pleno municipal facerse cargo desta infraestrutura sen que exista contrato para a súa xestión con EMAFESA e sen que Narón e Neda formen parte deste acordo«.

Para o BNG a estas alturas semella obvio que con todo o que acontece respecto do saneamento e a EDAR «este goberno é cómplice de todo este despropósito, e son colaboradores conscientes de todo o que está a acontecer«. Para os nacionalistas, «o único que non agardaba FeC e que despois de refrendar os acordos do PP e lavarlle a cara ao anterior goberno municipal desde o PP se eximisen de toda responsabilidade e os deixaran aos pes dos cabalos dunhas decisións iniciadas e avaladas por esta organización política«.

Para Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, o «lamentable é que a pesar de todo isto o goberno insista en seguir nese camiño trazado desde o PP e a Xunta de Galiza en colaboración con EMAFESA e non rache o convenio con ACUAES e con Augas de Galicia para a xestión dunha infraestrutura de sanemaneto da que nunca fomos responsables e da que non nos podemos facer cargo nestas condicións e que evidencia que detras das declaracións de onte do Alcalde da Cidade non hai máis que hipocresía«.

Lea también

Ferrol en Común denuncia «o menosprezo» a Recimil, Ultramar e ó rural

Ferrol en Común ven de coñecer a nova de que «o goberno de Rey Varela …

2 comentarios

  1. Habrá que recordarle al señor Rivas que Neda no esté conectada a la red de saneamiento de Ferrol y Narón, y por tanto, a la depuradora de Caneliñas. Tiene su red propia y depuradora propia. Por cierto, con gestión externalizada.

  2. Hola Pico Pico!
    Estoy de acuerdo con todo lo expresado por el concelleiro del BNG en el artículo de arriba. Supongo que también lo estarán los demás ciudadanos de Ferrol porque es cierto lo que este señor dice.
    No estoy de acuerdo con Vd. por lo siguiente:
    NEDA va a estar conectado con la EDAR de cabo Prioriño. Todavía no lo está. Es cierto.
    Tampoco estaba Ferrol cuando el «externalizador» al que hace Vd referencia, empezó a cobrar una tasa abultada sin llevar a cabo la depuración. Por cierto, todavía no me han devuelto el dinero. Tendré que recurrir a la vía de apremio, tal como hace el «externalizador» para los que se negaron a pagar esa estafa.
    La EDAR no es «propia» del Concello de Ferrol. Pertenece a la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil y la responsabilidad de su puesta a punto y explotación es de Augas de Galicia y no de EMAFESA.
    No se entiende como el Concello y el interventor manipulan unas facturas no ajustadas a los procesos de contratos públicos cuando EMAFESA no tiene, actualmente, ni un papel que les legitime su participación en las obras de reparación, puesta a punto, etc. etc. y explotación.
    Compruebe en este enlace como el interceptor llega a NEDA.
    https://youtu.be/H1NqctoHQdQ
    Salud y buen rollo.