O Concello de Narón acolleu este martes 3 ás 9:30 horas, a sesión plenaria con carácter extraordinario para designar aos integrantes das corenta e cinco mesas electorais do 29 de novembro, que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo, en total no ve persoas por cada mesa- de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro 29 de novembro.
O sorteo realizouse mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas no mesmo recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. De non poder acudir á mesa ese día será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
