O TACRC levanta a suspensión que pesaba sobre a contratación de roza de viais e limpeza de cunetas no rural

Hoxe a mañá na Xunta de Goberno Local deuse conta da resolución da Secretaría do TACRC pola que se dispón o levantamento da suspensión da tramitación do devandito expediente relativo ao contrato de roza de viais e limpeza de cunetas da zona rural.

A antedita tramitación veuse suspendida o día 4 de xullo de 2017, 15 días antes de comezar os traballos de roza de viais e cunetas da zona rural. Un prazo de 15 días establecido por lei para que as distintas empresas acheguen recursos ante a resolución, no seu caso. Unha das empresas achegou o último día no que expiraba o prazo un recurso e recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (TACRC), alegando que a Mesa de Contratación Permanente do Concello non debería ter solicitado a aclaración da súa oferta económica á empresa Acciona Medio Ambiente SAU.

A consecuencia directa deste feito deu lugar a suspensión cautelar da tramitación do dito expediente e ao adiamento no comezo dos traballos de roza e limpeza de cunetas e viais, co evidente perxuízo para os veciños e veciñas da zona rural.

O Concello de Ferrol como resposta ante esta situación e facer fronte ao servizo levou de xeito urxente á Mesa de Contratación un contrato menor para as rozas máis urxentes e prioritarias ademais de solicitar ao dito tribunal ante o que a empresa denunciante presentou o recurso, solicitar o levantamento da suspensión de tramitación, o que permitiría ao Concello seguir coa tramitación precisa e comezar co traballo de limpeza e roza.

O pasado luns 31 de xullo a secretaría do TACRC finalmente resolveu o levantamento da suspensión da tramitación do experdiente, polo que agora o Concello empraza á empresa ACCIONA MEDIO AMBIENTE SAU a asinar o contrato nun prazo de cinco días, e xa a posteriori comezar os traballos do desbroce. O importe total deste contrato ascende a 161 062,49 € cunha duración de dous anos de execución inicial con opción de prórroga ata un máximo de dous anos.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …