Retoma a súa actividade a oficina de fomento da Mancomunidade

Pleno de la Mancomunidade – Concello de Ferrol

A oficina de fomento do cooperativismo da Mancomunidade retoma a súa actividade coa colaboración da Consellería de economía, emprego e industria da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de subvencións do ano 2017.

O seu labor intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e da economía social, mediante o impulso do autoemprego e emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos nos concellos que integran a Mancomunidade.

A economía social, polos seus principios, perfílase cada día máis como un actor económico e social fundamental na nosa sociedade, e foi unha das alternativas empresarias que mellor resistiu a crise económica.

Actualmente para constituír unha cooperativa precísanse soamente tres persoas, se ben que neste momento estase a debater a posibilidade dunha modificación legal que permita a constitución con só dous cooperativistas.

A nosa comarca destaca pola tradición da fórmula empresarial cooperativa con exemplos en diversos sectores, dende a produción agrícola ata o ensino, pasando por autoescolas e novas tecnoloxías.

A oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade terá a súa sede no Centro de Emprego de Ferrol, Teléfono 981944195, Rúa Sagrada Familia 56 Ferrol, e-mail: dregueiro@ferrol.es, https://cooperativismoferrolterra.wordpress.com.

Dende a oficina darase asesoramento individualizado ás persoas que queran constituír unha cooperativa e impartiránse charlas itinerantes para divulgar esta fórmula. Así mesmo estáse a organizar un evento público o próximo mes de setembro para dar a coñecer os mellores exemplos da economía social.

Lea también

Detenida una mujer en el barrio de Recimil, en Ferrol, en una operación contra el yihadismo

La intervención policial se ha centrado en el barrio de Recimil, donde los agentes han …