O Foro Ferrol Vivo pechou o curso de debates con «Facendo Europa en Ferrol»

Instante do debate – Foro Ferrol Vivo

O Foro Ferrol Vivo pechou o «curso» coa mesa redonda «Facendo Europa en Ferrol. Programas: fortalezas e debilidades», coa que quixo poñer en valor que Ferrol é Europa e participa tamén dese orzamento co que se pretende unir e integrar os territorios que forman parte dela.

Deste xeito, con esta actividade mesa o FFV tamén quixo conmemorar o Día de Europa, xa que o pasado 9 de maio celebrábanse 60 anos de vida da UE.

Na súa introducción, a especialista en Dereito Europeo e integrante do FF, lembraba que ese 9 de maio poñíase en valor a presentación da Declaración Schuman, que di algunhas destas frases:

«A paz mundial non pode salvagardarse sen uns esforzos creadores equiparables aos perigos que a ameazan».
«A contribución que unha Europa organizada e viva pode achegar á civilización é indispensable para o mantemento dunhas relacións pacíficas».
«Europa non se construíu e houbo a guerra».
«Europa non se fará dunha vez nin nunha obra de conxunto: farase grazas a realizacións concretas que cren en primeiro lugar unha solidariedade de feito?».

Na mesa redonda participaron Ana Marquina, xerente de Urbanismo do Concello de Ferrol; Maca Torres e Álvaro Prieto, do IES Canido, Miguel Nieto Matamoros, de Proyfe; e Anxo Martínez Zas, xerente de Seitura22. Por esta orde, abordaron programas europeos que se están a executar en Ferrol: Edusi (antes, Urban), Erasmus+, Life Drainrain e Leader. A mesa asistiron como público o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos.

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …