O Concello de Fene e a Deputación da Coruña ofrecen este xoves un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, organizou para a tarde deste xoves o obradoiro «Quen dixo medo», co que se pretende mellorar a capacitación das mulleres para responder ante a violencia machista. A actividade forma parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que a Deputación da Coruña está levando polos municipios da provincia. Desenvolverase entre as 18.00 e as 20.30h. no Centro Municipal de Servizos sociais de San Valentín coa participación de 15 mulleres.

Nesta campaña, a Deputación levará a cabo medidas e actuacións de diversa índole nos Concellos da provincia para abordar a violencia de xénero de forma integral. Entre os obxectivos desta campaña está o de dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.

Con esta actividade búscase xerar un espazo que lles permita ás mulleres de Fene identificar as agresións analizando a súa orixe, proprcionándolles habilidades e coñecementos para repeler as agresións que por razón de xénero poden encontrar na súa vida cotiá, xa sexa dentro ou fóra do fogar.

Desde a área de Servizos sociais sinalan que «resulta fundamental» dotar ás mulleres dos mecanismos de defensa tanto físico como psicolóxicos fronte a un posible agresor, «de xeito que a través das técnicas aprendidas podan saír ilesas dunha situación de perigo«.

Entre os obxectivos da sesión están a análise dos porqués da violencia sexista, a aprendizaxe de técnicas que permitan resolver con seguridade unha agresión, o reforzo da autoconfianza da muller e, por último -e, se cadra, o máis importante- concienciar ás participantes sobre os seus dereitos e capacidades «fomentando a seguridade mediante a eliminación de estereotipos sobre a debilidade física feminina«.

O obradoiro impartirao persoal con especialización en materia de igualdade e en defensa persoal e estará dividido en dúas partes: unha teórica centrada no debate grupal e outra práctica que tocará cuestións de psicoloxía e técnicas físicas de autodefensa.

Lea también

As Pontes mejorará la red de saneamiento en su casco histórico

El Ayuntamiento de As Pontes ha previsto acometer la mejora de la red de saneamiento …