Unhas 17.000 persoas visitaron a pasada fin de semana a cidade con motivo da “XII Concentración moteira Cidade de Narón” según sinala o concello naronés.
A duodécima edición da “Concentración Moteira Cidade de Narón” superou este ano todas as expectativas da organización en canto a número de visitantes. Así o confirmaron os representantes do Moto Club Fojeteiros, que agradeceron a implicación de todas as persoas que se desprazaron á localidade e contribuíron a que o evento fose un ano máis todo un éxito
O presidente do Moto Club Fojeteiros, José María López Quintián, asegurou que participaron na convocatoria –durante os días 2, 3 e 4 de xuño- unhas 17.000 persoas, chegadas de diferentes concellos de Galicia e tamén procedentes doutras comunidades autónomas. Na mesma liña, desde as concellerías de Deportes e Turismo, presididas por Román Romero e Natalia Hermida, respectivamente, destacaron a gran afluencia de público ao evento e valoraron o traballo realizado desde Fojeteiros e tamén o de todas aquelas persoas que colaboraron coa organización.
Desfile das antorchas
Desde o pasado venres ata onte máis de seiscentas motos concentráronse no paseo marítimo de Xuvia, donde gozaron dun completo programa de actividades que incluíu rutas mototurísticas pola comarca, ceas, concertos, exhibicións de trial e o tradicional “Desfile das antorchas”. Pasadas as 23.00 horas do sábado, os moteiros percorreron con fachos un tramo da estrada de Castela –entre Xuvia e a Ponte das Cabras- e o público animou con tres mil luces químicas que repartiu a organización, ao tempo que se baixaba a iluminación pública nese tramo da estrada, o que fixo o evento aínda máis espectacular.
O domingo, tras xantar baixo a carpa de Xuvia e sortear varios agasallos, rematou esta edición do evento.
Nesta ocasión tamén se puido ver en Xuvia, ademais dun mercadillo moteiro, un stand informativo do “Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, que se instalou no paseo o sábado, entre as 17.00 e as 21.00 horas.
Stand de Xeodestino
O domingo, tras xantar baixo a carpa de Xuvia e sortear varios agasallos, rematou esta edición do evento.
Nesta ocasión tamén se puido ver en Xuvia, ademais dun mercadillo moteiro, un stand informativo do “Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, que se instalou no paseo o sábado, entre as 17.00 e as 21.00 horas.
A edil de Turismo, Natalia Hermida, explicou que foi a primeira ocasión na que se levou a este evento e destacou a afluencia de persoas que se acercaron ao stand solicitando información sobre as rutas de sendeirismo de Narón, mapas comarcais e da localización Xeodestino. A iniciativa, recordou a edil naronesa, enmárcase dentro das actividades impulsadas pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol a través dun convenio coa Xunta de Galicia para promocionar o turismo do Xeodestino Ferrolterra Rías Altas.
pero quien dice lo de las 17000 personas , la organizacion o el concello ? , como se calcula ? , porque no dice el presidente cuantas comidas dieron durante la fiesta ? , y lo del concello es alucinante , dice la edil que los asistentes preguntaban por las rutas de senderismo en naron , pero si en los folletos que proporcionaba la azafata solo menciona a ferrol ; la semana santa , doniños , el arsenal, el museo naval , la magdalena , san felipe , las playas de valdoviño y el surf en pantin , las fragas do eume , los monasterios de caaveiro , monfero , a cedeira y san andres de teixido , y solo en un parrafo pone el del couto. los sres del concello deben de pensar que naron no tiene fronteras y se adueña del resto de la comarca
jajaja , creo que estuvo el alcalde contando a la gente en el puente de xuvia , creo que estaban muy interesados los moteros en las sendas de naron , ahora en serio yo creo que los visitantes se informaban de como ir a las fragas , a san andres de teixido o al castillo de san felipe , el domingo vi muchos en el paseo de la malata y salian direccion el castillo o doniños eso no lo se.
Me da la sensación que los de fuera no sabían ni que estaban en Narón. En Narón casi no se quedó nadie. Está claro que algo se hace mal cuando consigues traer a ¿17.000? personas (en serio… ¿17.000? ¿hay que creerse eso?)…. y luego la gente no hace gasto en Narón.