O alcalde asumirá as competencias de Marián Ferreiro durante baixa por maternidade

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asumirá temporalmente a Concellería de Cultura e a delegación de Relacións Institucionais. O rexedor local farase cargo das citadas áreas durante a baixa por maternidade da edil Marián Ferreiro tralo nacemento o pasado sábado, día 6, do seu segundo fillo, Antón Ferreiro Fernández, irmán de Xulia.

A previsión é que Marián Ferreiro se incorpore de novo aos seus cargos, aos que se suma a vicepresidencia do Padroado da Cultura, o vindeiro mes de setembro, unha vez finalice o período de baixa por maternidade. A edil naronesa, tamén portavoz de Terra Galega, é concelleira en Narón desde as pasadas eleccións de 2015, cando ocupou o posto número 2 das listas de TEGA na localidade.

A portavocía do grupo municipal de Terra Galega no Concello de Narón ostentaráa neste mesmo período o concelleiro de Protección Civil, Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo.

Lea también

Meirás se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland 2026

Meirás, en Valdoviño,  se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland …

2 comentarios

  1. Alejandro Buendía

    Tanto monta… monta tanto

  2. Cuánto vamos a echar de menos a Blanco…Marian no le llega a la suela de los zapatos