O Concello de Ferrol, a través da área de Normalización Lingüística, ven de distinguir os traballos achegados nesta ano 2017 a 17 edición do certame Poesía e Imaxe, En galego, sen filtro, no que foron recoñecidos 24 obras e 3 traballos audiovisais de alumnos de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de 189 centros da comarca.
Entreganse hoxe a tarde as 19:30 no CC Carvalho Calero, coa participación do concelleiro, Álvaro Montes. A entrega, vai acompasada da apertura dunha exposición dos traballos seleccionados, do 4 ao 11 de maio, que se poderá visitar de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 no centro cultural.
Os entros aos que pertencen as alumnos e os alumnos autores dos traballo premiados son o CEIP A Laxe, CPR Ludy. CEIP Isaac Peral, CPR Compañía de María, CEIP PAZOS, CEIP Manuel Masdías, CEIP Ponzos, CPI Atios (Valdoviño), CEIP Manuel Masdías, CPR Sagrado Corazón, CPR Belén, CEE Terra de Ferrol CPR Jesús Maestro, IES Ferrol Vello, IES Concepción Arenal, IES Saturnino Montojo, IES Catabois, IES Carvalho Calero , IES Fernando Esquío.
O traballo seleccionado para o cartel é o do alumno Antonio Toval Rodríguez, do CEIP Isac Peral, de Educación Primaria.
O XVII Certame Poesía e Imaxe, En galego sen filtro, é unha das actividades que desenvolve o Concello de Ferrol, en materia de Normalización Lingüística no ámbito do ensino e conta, para iso, coa colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.
O certame promove a participación do alumnado dos centros de ensino non universitario de Ferrol e comarca con debuxo, fotografía, colaxe, etc. Os traballos presentados basearanse en fragmentos de poesía ou prosa en diferentes linguas do mundo, isto é, diferentes formas de ver e expresar o mundo; o alumnado recibe nesta edición fragmentos en distintos idiomas – xaponés, grego, chinés, inglés, portugués catalán, árabe, islandés, éuscaro, gaélico, latín e galego- e a correspondente tradución ao noso idioma. Achega, deste xeito, aos máis novos da realidade plurilingüe do mundo do que forma parte a nosa comunidade e da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación, entre as que figura a nosa propia.