O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este sábado, día 6, a terceira edición do torneo da Liga Impact Modern 2017 do xogo de cartas Magic The Gathering, organizado polo Concello e a Asociación Cultural Impact. A cita dará comezo ás 10.30 horas e na mesma está confirmada a asistencia de persoas de Narón e tamén doutros concellos galegos, como Ferrol, A Coruña, Santiago e Melide, e unha representación de xogadores de Asturias, se ben se interesaron polo evento afeccionados de Ourense e Pontevedra.
Desde a Asociación Cultural Impact explicaron que os participantes continuarán competindo para conseguir unha das cinco plazas coas que conta a entidade para participar na final rexional galega de Modern, que terá lugar no mes de decembro.
Así mesmo, os xogadores que vaian quedando eliminados nas distintas fases terán a oportunidade de participar en torneos paralelos durante a tarde, gozando deste xogo e optando a varios premios que se sortearán na xornada.