Narón presentou o orzamento municipal deste ano que ascende a 29,9 millóns de euros

Presentación dos presupostos – Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, presentaron esta mañá en rolda de prensa acompañados polas portavoces de TEGA e PSOE, Marián Ferreiro e Catalina García, respectivamente, os orzamentos municipais correspondentes a 2017. O importe total dos mesmos ascende para o presente exercicio a 29.939.829,70 euros, o que supón un incremento do 3,41% con respecto ao ano 201628.951.234,92 euros-, tal e como apuntou o rexedor local. O documento levarase ao pleno ordinario de finais deste mes, o vindeiro xoves, para sometelo a aprobación, tras ditaminarse hoxe favorablemente na Comisión de Facenda cos votos a favor do grupo de goberno, un en contra do Grupo Mixto e a abstención do PP. “É un orzamento continuísta pero co que seguimos nas bases de respectar os acordos que marcaban como prioridades as familias, a infancia, os maiores e a dependencia”, destacou Blanco.

A estratexia é manter contención de gasto nas partidas que dependen do Concello, polo que a de Persoal se mantén nas mesmas condicións que noutros anos; medra o gasto corrente, nas partidas de Dependencia e unha da Deputación que empregaremos en gasto corrente”, resumíu o rexedor local. Así mesmo, Blanco destacou que o investimento propio “medra pouco a pouco” e recordou que desde o 2012 non se solicitaron créditos para sostela. “Son os orzamentos posibles nesta lexislatura e nestas condicións do Estado e esperemos que sirvan para o que é fundamental, que é a atención ás persoas”, subliñou.

Os orzamentos están formulados en termos “de responsabilidade social e financieira”, tendo entre as súas prioridades, tal e como apuntou Blanco, “garantir á cidadanía a prestación duns Servizos públicos de calidade a custes asumibles e dotar os recursos necesarios para permitir o acceso aos mesmos a toda a poboación”. As políticas activas de carácter social, as educativas, culturais, xuvenís e deportivas, así como o rigor á hora de afrontar os gastos e a optimización dos ingresos, están tamén entre os obxectivos prioritarios dos novos orzamentos municipais, según destacou o alcalde.

Pola súa parte, o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, desglosou máis polo miúdo os datos dos apartados de ingresos e gastos. O edil aludiu ás “incertezas” que supón o feito de que o orzamento do Estado non se aprobase aínda para, a continuación, sinalar o incremento de case un millón de euros no orzamento municipal. En canto ao apartado de ingresos, Villamar explicou que baixan os impostos directos, cumprindo así un compromiso do goberno local en canto ao IBI –solicitando unha revalorización catastral e rebaixando o coeficiente do IBI do 0,66 ao 0,65– e os indirectos mantéñense. As taxas e outros ingresos medrarán con respecto ao exercicio anterior, “sendo unha das apostas o medre importante que terá a Dependencia pasando de 1.025.000 euros a 1.700.000 euros”, indicou. As transferencias correntes, co Plan Único da Deputación, tamén medran, alcanzado os 11.064.765 euros. Os ingresos patrimoniais mantéñense e as transferencias de capital diminúen un pouco. Finalmente, os pasivos financieiros sitúanse en 523.503 euros que tamén se corresponden co PAS da Deputación da Coruña.

No apartado de gastos hai axustes no de Persoal, manténdose case como o ano pasado, pendentes da aprobación do orzamento do Estado. Os gastos en Bens correntes e Servizos superan os 15 millóns, un máis que o ano pasado, medrando a Dependencia en torno a 700.000 euros e o apartado de estudos e proxectos, con perspectivas de ter un Plan Único da Deputación o vindeiro ano. Os gastos financieiros diminúen, e a débeda a finais do ano que ven sertá de 3,6 millóns dos que case un millón se reducirá cos bancos. Os gastos correntes medran con reaxustes e no apartado do Padroado da Cultura.

En canto ao orzamento de investimentos reais, será de 1.685.772 euros que segue medrando na parte de recursos propios. O Concello aportará este ano 500.000 euros para a execución do centro de saúde, polo que se sumamos os capítulos 6 e 7 falariamos dun incremento na inversión duns 250.000 euros. Respecto aos investimentos, Blanco incidiu en que entre os vindeiros meses de xuño e xullo “espero que se materialice unha habilitación que permitirá incrementar nuns tres millóns de euros máis o investimento, e con esas previsións aumentou a partida de estudos e proxectos”. Melloras en parques, construción de tres parques caninos e actuacións nos locais sociais, colexios, camiños e melloras no material dos bombeiros forman parte dos investimentos previstos este ano.
Villamar destacou tamén o feito de que a débeda do Concello é cada vez menor. “Estámola controlando desde hai varios anos e iso permítenos tamén liberar esas partidas para incrementar o gasto en dependencia e investimentos”, indicou.

Mañá aparecerán os que fan os cálculos en porcentaxes pero a min iso non me preocupa, senón o feito de que as partidas sexan suficientes para atender aos veciños e ás veciñas de Narón”, asegurou o alcalde, “Os orzamentos dos últimos anos están demostrando que as partidas que se precisan sempre están e eses cartos chegan para atender esas necesidades; aínda así, no caso de que fose necesario amplialas, teremos superávit para cubrir calquera necesidade que poida aparecer durante o ano”, subliñou Blanco.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …

2 comentarios

  1. Recordarle al Sr. Blanco que las horas de ayuda en el hogar se las paga la Xunta, por lo tanto me parece excesivo venderlo como un mérito propio. ¿Qué fue de la ampliación del parque de Freixeiro, Muíño de Xuvia, Muíño das Aceñas, paseo marítimo de Xuvia a A Gándara, Aldea Nova, el bulevar de la Carretera de Castilla, el soterramiento de líneas de alta tensión y todas esas cosas que llevan prometiendo desde finales de los años 90 y de las que no se ha hecho nada? ¿Para qué hemos pagado el Cuartel de la Guardia Civil si está como estaba hace 4 años, sin uso alguno?

  2. Si la partida para sube es porque la consellería aumentó en 24000 horas, pero el concello como siempre no hace nada. Gran gestión de Catalina…