O local da Asociación de Veciños de Esteiro, na rúa Fernando VI, acollerá o vindeiro sábado, día 25, a que serán as segundas xornadas de traballo do Foro Ferrol Vivo sobre Recuperación de Espazos Degradados. Nesta ocasión, o tema elixido é o propio barrio de Esteiro, “exemplo magnífico do que acontece cando se recuperan espazos e se toman decisións como a de crear o campus, pero tamén de cómo aínda queda unha parte do barrio cunhas necesidades de rehabilitación e reurbanización moi importantes e mesmo nalgúns casos urxentes”, dixo Eva Martínez, voceira do FFV.
Estas xornadas, como as primeiras celebradas en Ferrol Vello, son abertas á participación cidadá e, de feito, pretenden ser un espazo de debate sobre un dos barrios máis senlleiros da cidade. Ao longo da mañá, desenvolveranse diferentes mesas redondas, que dende o Foro agardan sexa do interés das e dos ferroláns. A primera dará comezo ás once da mañá e levará o título de “O campus de Esteiro como motor da recuperación do barrio”. Na mesma intervirán o ex concelleiro Eduardo Fra Molinero –artífice de que o campus fora unha realidade-, o profesor de Humanidades Juan Luis Montero Fenollós –un dos máis activos e con proxección– e Simona Herghelegiu –ex alumna rumana que chegou a Ferrol cunha Erasmus e quedou a vivir na cidade-. Moderará esta primeira mesa a profesora Manuela Santos Pita.
“A importancia do movemento asociativo do barrio” é o título da segunda mesa, que se iniciará unha hora máis tarde e que conducirá a voceira do Foro, Eva Martínez. A presidenta da Asociación de Veciños de Esteiro, Dolores Alonso; o presidente da SCRD San Carlos, Francisco Javier Cobelo; e o presidente da Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Barrio de Esteiro (Ahcobe), Pablo Fuentes, serán os encargados de expoñer a súa visión do barrio, os seus problemas e reivindicacións e o propio funcionamento de ditas asociacións.
A concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, presentada por un dos integrantes do FFV, Augusto Piñón, impartirá unha conferencia sobre “Presente e futuro do barrio: rehabilitación, relacións con Defensa e Navantia”. Esta charla será á unha da tarde e, ao seu remate, o público asistente terá a posibilidade de trasladarlle á responsable municipal as súas dúbidas ou suxestións acerca deste tema.
A xornada de traballo rematará co anuncio da imaxe gañadora da campaña en redes promovida ao longo deste mes polo Foro Ferrol Vivo “Sálvao cun selfie”, cuxo prazo de presentación e votación rematou o pasado luns 20. Como informou Martínez, a esta iniciativa, que terá continuidade con outras similares relativas a diferente temática, concurriron 27 imaxes diferentes de espazos degradados repartidos por todo o municipio. Aínda que o resultado final do certame non se dará a coñecer ata o sábado 25, a voceira do FFV quixo agradecer a participación e implicación cidadá nesta campaña –na que se rexistraron 319 votos-, coa que “queriamos denunciar a situación na que se atopan moitos espazos de Ferrol, ao tempo que buscar e debater sobre posibles solucións e saídas para os mesmos”.
De feito, o espazo que resulte da foto máis votada nas redes –Facebook e Twitter– será un dos que se dabata nas que serán terceiras xornadas de traballo sobre recuperación de espazos degradados.
Como nas xornadas de xaneiro en Ferrol Vello, unha vez rematadas as de Esteiro, as e os integrantes do Foro recollerán diferentes propostas –neste caso relativas a este barrio– para reivindicar e traballar nelas coas diferentes institucións implicadas.
Sería muy interesante que Defensa cediera la antigua residencia de Batallones para hacer esa tan necesaria residencia universitaria, habría que incluirlo como propuesta ya que se va a hablar de las relaciones con Defensa y del Campus como agente del cambio, y no estaría demás una implicación de la Facultad de Humanidades n los estudios sobre el patrimonio de Ferrol, ya que hay bienes de la candidatura que están en Esteiro.
Dolores Alonso y Cobelo en una mesa redonda? NO ME LO PIERDO