EU Narón denuncia a mala xestión do control da «crise da pataca»

André Abeledo denuncia medidas como a publicación por vía “urxente” do Real Decreto 197/2017, aprobado polo goberno español esta no que se estabelece o programa estatal de control e erradicación da ‘Tacia solanivora’, ou praga guatemalteca da pataca, que afecta 31 concellos da Galiza, entre eles Narón, e que vai a regular a plantación da pataca nas zonas delimitadas pola praga, chegan tarde e a destempo.

Ademáis segundo esta norma parece desprenderse que as persoas que aínda non plantaron as patacas van ficar sen indemnización durante os dous anos da prohibición e aquelas que si plantaron (e que agora teñen a obriga de as destruír) só van recibir unha compensación polo tubérculo destruído, polo que as axudas parecen non contemplar o lucro cesante.

Abeledo indica que está non é unha praga nova, que «xa leva uns dous anos con nós, e que as medidas xa tiñan que haber sido adoptadas».

André Abeledo denuncia que «unha vez máis dende a administración tómanse as medidas no peor momento, por mor da falta de empatía có labrego e o desinterese ou descoñecemento de cales son os tempos no ciclo da plantación da pataca, unha vez máis serán as labregas e labregos os máis prexudicados pola mala xestión das administracións no control desta praga«.

Agora unha parte das labregas e labregos do municipio naronés xa teñen ou ben a pataca plantada, ou mercaron a semente, ademais de que as cooperativas continúan a vender sen que os agricultores estén a recibir o aviso das administracións de que podían estar a tirar os cartos si plantaban nos Concellos afectados.

André Abeledo indica que «as indemnizacións previstas parecen insuficientes para pagarlle os labregos o gasto fito e o traballo realizado, ben sexa nas plantacións para autoconsumo como para comercialización a pequena escala«.

O portavoz de EU Narón entende que «seguramente estás medidas son necesarias, que sen dubida temos que dar unha resposta a praga, e que polo que sabemos entre outras cousas na rotación de cultivos pode estar a solución a praga da “Couza Guatemalteca”, pero debemos denunciar que a administración debe preocuparse máis polas persoas a hora de medir os prazos burocráticos, e dar moita máis información en tempo e forma«.

Dende EU Narón entenden que «debese evitar a extensión desta praga a novas zonas do territorio galego, pero que as medidas de erradicación da praga deben engadirse medidas para a posta en marcha dunha liña de axudas para todas as persoas afectadas, tanto profesionais do sector produtor e comercializador, como as que define como produtores non profesionais«.

Lea también

O BNG de Narón demanda solucionar os problemas de estrutura da praza de galiza

O BNG demanda arranxar a praza de Galicia polos graves problemas estruturais causantes das humidades …

Un comentario

  1. Lucro cesante… Sí, sí… le vamos a pagar al «paisaniño» de turno por las patatas que dice que iba a plantar dentro de 3 años, ¿no? Viva la picaresca!