O BNG advirtiu a Yolanda Díaz que lamentarse do convenio do saneamento é un comportamento demagóxico

tanque-de-tormentasIván Rivas, portavoz municipal do BNG, resaltou na mañá deste martes que o convenio asinado durante o mandato do Partido Popular co Ministerio de Fomento, através da empresa ACUAES, para desenvolver o sanamento na cidade foi unha das peores decisións que se teñen tomado nos últimos anos e advertiu a Yolanda Díaz que lamentarse deste convenio sen dar os pasos precisos para romper con el é un comportamento demagóxico.

A demagoxía de Yolanda Díaz

Para o BNG resulta demagóxico que a señora Díaz, censure agora este convenio cando no seu momento a súa organización política se abstivo respecto da sua aprobación no pleno municipal de Ferrol.
En todo caso, se a Sra. Díaz quere facer algo ao respecto debería solicitarlle ao Alcalde desta cidade, que pertence ao mesmo partido politico que ela, que denuncie e rache con este acordo, acordo que provoca que esta cidade teña que asumir o custe dunha infraestrutura declarada de interese xeral desde o ano 1997. Un convenio no que o Estado non pon un euro, e obrigaba a pagar aos ferroláns o 10% do custe da infraestrutura. Cantidade que o mesmo PP xa modificou e elevou até o 13%, e que no momento actual non sabemos exactamente cal é a cantidade que os ferrolán imos ter que asumir polo feito de non terse rematado as obras antes de decembro de 2015. Unha infraestrutura sobre a cal non temos capacidade para tomar decisións de ningún tipo. Que nos impón un modelo de rede unitaria, e que a pesar de non ser responsables da súa execución en virtude do convenio asinado seremos responsables económicos dos retrasos que se produzan na súa construción.
Un acordo sobre o que existe un pacto de silencio entre o Partido Popular e o actual goberno municipal.

Desde o BNG cremos que a ubicación dos tanques de tormentas e os conflictos xerados coa sua construcción en Ferrol Vello ou no parque Pablo Iglesias dan boa conta de como este convenio o único que está a xerar son problemas para os veciños e veciñas desta cidade problemas que todavía non sabemos cales son as súas consecuencias finais porque estamos a falar da parte que ten que ver coa cosntrucción da infraestructura, é dicir coa tarifa fixa, o custe da sua construcción, ainda descoñecemos o custe da parte variable é dicir o custe que vai supoñer para os ferroláns poñer en funcionamento esa infraestructura, unha infraestructura que ten un deseño de rede unitaria que multiplica os custes económicos por aumentar o volume a depurar e multiplica os custes medioambientais unha infraestructura que ademais se pretende xestionar a traves da mesma empresa que desenvolveu a súa construcción a traves da empresa ACUAES para desenvolver o seu mantemento e posta en funcionamento. Cuns costes de mantemento, posa en funcionamento e saneamento que todavía descoñecemos

Que o goberno local denuncie o convenio

É por iso que desde o BNG queremos pedirlle ao goberno local que denuncie este convenio por que para esta cidade é inasumíbel polos costes ecomnomicos que vai a supoñer e polos costes mediambientais que tamén supon este tipo de deseño de rede de saneamento sobre todo cando ademais seguimos desde o goberno local sen pedirlle responsabilidades ao estado pola cosntrucción dunha depuradora que non esta a cumprir a súa función, que non está a depurar.

O BNG esixe ao goberno da cidade que explique se lle esta a reclamar desde algún ambito os custes de reparación desa infraestructura, dunha EDAR que segue sen poñerse en funcionamento coas obvias consecuencias para esta cidade.

Para o BNG desde o goberno local o primeiro paso que se debería dar sería denunciar o convenio coa empresa ACUES que o unico que ten como obxectivo é facer que o estado non asuma ningúnha responsabilidade sobre unha obra que se desenvolve nun ámbito da súa competencia e que declarou de interese xeral desde o ano 1997 e todo esto se fixo con connivencia, co pacto de connivencia entre Partido Popular e o resto de organizacións políticas estatais.

Lea también

Ferrol en Común critica la “intencionalidade” del gobierno local de privatizar servicios públicos

Ferrol en Común censura la política económica del Partido Popular que conlleva a un “fraude” …

Un comentario

  1. El BNG, como siempre, disparando contra todos y sin proponer nada realizable. Aún se preguntarán porque son el farolillo rojo elección tras elección.