Narón retoma a campaña de doazón e reparación de bicicletas para o Centro de Recursos Solidarios

O equipo de Educación Viaria Escolar do Concello de Narón, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá, pon novamente en marcha a campaña A túa vella bici vale un sorriso. O concelleiro responsable da área, Guillermo Sánchez Fojo, destacou esta iniciativa, que permitirá un ano máis «reparar as bicicletas doadas por particulares para colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, donde se entregarán as bicis para que se poidan repartir entre os nenos e nenas con menos recursos e usuarios deste servizo».

As persoas interesadas en colaborar nesta proposta poden entregar as súas bicicletas usadas no seu propio centro escolar –en horario lectivo- ou no Concello, en horario de mañá, ata o vindeiro 22 de decembro, tal e como explicou o concelleiro naronés. Unha das novidades deste ano, apuntou Sánchez Fojo, é que tamén se recollerán para a súa reparación bicis estáticas, se ben estas últimas se entregarán a un centro escolar da localidade, que impulsa un proxecto con este tipo de bicicletas.

«O feito de entregar esas bicis para esta iniciativa, sumado ao traballo que realizará persoal do Equipo de Educación Viaria Escolar do Concello para reparalas, permitirá que algúns menores cuxas familias teñen escasos recursos económicos poidan recibila como agasallo este mesmo Nadal, co que iso representa para os nenos e nenas», subliñou Sánchez Fojo, animando á veciñanza a sumarse a esta proposta solidaria.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. Hermenegildo Romero

    El Centro de Recursos Solidarios está integrado y casi monopolizado por la Plataforma PAH, dirigida por la independentista radical podemita ADA COLAU. Cualquier aportación al centro, adivinen a quien beneficia.