A Concellería de Obras de Narón destinará na anualidade 2015-2016 unha partida de 1.088.000 euros para obras de asfaltado e aglomerado en viais da zona urbana e rural da localidade. Así o confirmou o edil responsable da área, Pablo Mauriz, que destacou «o esforzo realizado un ano máis desde o goberno local por deseñar un completo plan que mellorará considerablemente o estado do firme de moitas rúas do Concello e que estará rematado a finais deste mesmo ano».
O concelleiro naronés explicou que na actualidade xa están executados os traballos de asfaltado e aglomerado das rúas Chousa da Pedra, na Faísca; Finca Isolina, Celso Emilio Ferreiro e Fonte da Cruz, na Gándara; San Luis-As Camelias e Profeco, en Piñeiros e Gatoira, no Couto. O investimento para acometer a totalidade dos citados traballos ascendeu a 129.500 euros, procedentes na súa totalidade das arcas locais, apuntou Mauriz.
Así mesmo, en proceso de contratación están as intervencións proxectadas desde a Concellería de Obras nas rúas Río Masma e Neda, na Gándara; Moeche, en Freixeiro; Río Sil, en Piñeiros; Finca Federico, en Santa Icía, e Foro-Xoán XXIII e María Vieito, en Xuvia. Estas actuacións suporán unha vez executadas un investimento de 220.000 euros, que se abonarán con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.
A maiores, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS), tamén da Deputación, está actualmente en proceso de contratación a mellora do firme en Río Pereiro-Río Baxoi, no Ponto, por un importe de 27.800 euros, tal e como recordou o concelleiro de Obras.
A todas estas actuacións localizadas no núcleo urbán da localidade hai que engadir, resaltou o edil, outro plan de actuación en diversas rúas, no que se inclúen pequenas reparacións en incidencias que se van detectando. No marco deste último plan o Concello realizou a través da citada concellería un investimento de 47.000 euros máis. A cifra sitúa na actualidade o investimento total previsto para a mellora de rúas na zona urbana en 424.300 euros.
O ámbito de actuación do proxecto engloba tamén diversas actuacións en camiños da zona rural de Narón. Así o especificou Mauriz, concretando que con cargo a unha partida de 242.500 euros de fondos propios do Concello xa se executaron traballos nas parroquias de Castro, San Mateo, O Val, San Xiao, Sedes e Pedroso. A maiores, con cargo ao POS investiranse 359.200 euros en viais do rural, nunha serie de obras de mellora que comezarán a executarse este mesmo mes. Aos camiños do rural destinaranse na anualidade 2015-2016 un total de 601.700 euros.
O polígono da Gándara, concretamente a avenida do Mar –a principal deste parque industrial do municipio- repararase con cargo a unha partida de 62.000 euros para acometer uns traballos que están actualmente en proceso de contratación, indicou o responsable de Obras.
«O Concello proxecta este tipo de intervencións en viais do Concello a dous anos vista, pero a maiores destínanse outras partidas a tarefas de mantemento das rúas, a medida que se vai detectando a necesidade de mellora das mesmas», explicou Mauriz. O concelleiro subliñou que a partida global de algo máis dun millón de euros representa «un investimento importante co que pretendemos ter as rúas do municipio no mellor estado posible» e asegurou que «somos conscientes de que as necesidades son moitas nesta área, pero tratamos de dar prioridade aos viais máis transitados e co firme en peor estado para así, día a día, facer que o noso concello dispoña dunhas rúas nas mellores condicións posibles».
No se como no tenéis vergüenza de como dejáis la calle Concepción Arenal , toda a parches y los pasos de peatones y lineas del arcén medios tapados , naron el Concello de los trapicheos y mentiras
Esta estrada é da Deputación, e casualmente as obras fixéronse cando o gobernaba o PP na mesma.
Las obras las hicieron con el PSOE, BNG, etc. en la diputación. Recuerda bien… en cualquier caso, no se escucho ni se leyó la menor crítica por parte del concello a las obras, así que o creen que estaban bien o es que les da igual.
Qué maravilla! Qué bien se presumen de gastar el dinero que nos da la Diputación! A ver cuando es el momento que sale una noticia y dice «el ayuntamiento de Narón gastará de sus fondos otros millón más para arreglar calles». Entonces podremos empezar a creer que les importamos algo y no solo que se dedican a gastar el dinero que otros ponen, porque el IBI se lo pagamos a Narón…. ¿a donde va?
No entiendo como la redacción me censura mis comentarios , decir la verdad educadamente molesta ?
Depende «como se dice esa verdad y con que palabras»en su mismo comentario de ayer,que subimos, aparece un comentario sobre «trapicheo y mentiras» y lo primero es que hay que demostrarlo, somos bastante benignos en cuanto a comentarios, pero algunos, sin que quizás el que lo emite , llega a ser ofensivo. Un saludo y gracias por seguirnos.
Gracias por contestar me y estoy muy muy seguro que no insulte a nadie , entonces supongo que las noticias que les pasan los concellos también las tienen que demostrar o las publican segun llegan , los lectores tenemos los mismos derechos de expresarnos dentro de la educación aunque esteamos equivocados , OS seguire leyendo pero sin poder opinar , gracias