O BNG celebra o desafiuzamento dunha familia en Narón e insta garantir un alugueiro social permanente

O BNG valora positivamente a decisión do Tribunal de Instancia de Ferrol de suspender o lanzamento e desafiuzamento dunha familia naronesa, previsto inicialmente para este venres 23 de outubro na vivenda da praza do Asilo, en Narón.

Geno Carballeira, candidato á alcaldía, e Néstor Rego, deputado no Parlamento do Estado

Esta paralización prodúcese despois de que a SAREB solicitase un prazo para materializar un expediente de alugueiro social, acolléndose ao acordo entre ambas as partes e avalando a situación de vulnerabilidad recollida polos servizos sociais.

Dende a organización nacionalista recórdase que este logro é o resultado directo da intensa solidariedade veciñal, do traballo dos colectivos sociais en defensa do dereito á vivenda e da recente visita a Narón do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Rego trasladara no seu momento o apoio firme da formación á familia afectada e denunciara publicamente a inxustiza dunha situación que ameazaba con deixar sen fogar a veciños e veciñas en situación de vulnerabilidade, esixindo a implicación real das administracións e das entidades financeiras propietarias de grandes carteiras de vivenda ao tempo que mantivo reunións coas partes implicadas do goberno cos activos da SAREB.

O BNG amósase prudente mais firme ante este novo escenario e adianta que fará un seguimento estrito deste prazo de paralización. A formación nacionalista exixe tanto á SAREB como a Servihabitat que cumpran cos seus compromisos e transformen esta suspensión temporal nun contrato de alugueiro social estable e axeitado aos ingresos reais da familia, lembrando que a vivenda é un dereito fundamental e non un negocio mercantil.

A familia que vive na praza do Asilo pagou sempre o seu alugueiro a unha empresa que lle fixera contrato até o 2030 pero en xaneiro deste ano atopouse cunha carta da SAREB reclamando a vivenda. Como ela, outras persoas inquilinas da praza do Asilo levan anos atopándose con situacións semellantes e contratos que poden ser fraudulentos.

Lea también

O comedor do centro Casas da Mariña trasládase este luns ao Manuela Pérez Sequeiros polas obras de reforma

As actividades do centro mudarán tamén ao Manuela a partir do sábado 24 de outubro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *