Asignado un convenio coa Asociación Galega de Apicultura para impulsar actividades en Narón

O Concello de Narón destinou unha partida de 5.000 euros ao convenio coa delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA). O alcalde, José Manuel Blanco, e o presidente da entidade, Rafael Díaz, asinaron hoxe o acordo nun acto ao que tamén acudiu o edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico. A rúbrica deste convenio permitirá desenvolver na localidade varias actividades e programas relacionados coa apicultura antes de finais deste ano, tal e como indicou o rexedor.

O acordo entre a administración local e AGA levará á entidade a impulsar campañas divulgativas sobre a avespa velutina; obradoiros de reciclaxe de cera, e un programa sobre Salvar as abellas, extracción de niños de avespa velutina nas parroquias de Narón, entre outras actividades. Así mesmo, o persoal da Asociación Galega de Apicultura colaborará co do Parque Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para promover accións formativas e de mantemento do apiario das citadas instalacións, e tamén un programa no colmear municipal de Monte Esperón.

O presidente da delegación de AGA en Ferrolterra, entidade constituída no ano 1980, agradeceu a colaboración económica prestada unha vez máis desde o Concello de Narón.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Un comentario

  1. 5000 €? para que? A que se dedica esta gente?