O Concelleiro de cultura presentou a programación da Biblioteca Municipal

suso basterrechea 11-9O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentou  a programación de actividades da Biblioteca Municipal para o curso 2016-2017 e convidou a todos os veciños e veciñas que non a coñezan a que se acheguen a ela «por tratarse dun espazo do que apenas se fala e que, sen embargo, é excepcional, como un pequeno oasis no medio da cidade».

«É un dos grandes espazos esquecidos», engadiu, cando, sen embargo, recibe unha media de 800 visitas/día, unha cifra máis que salientábel nunha cidade das dimensións de Ferrol.

O edil de Cultura explicou que, co obxecto de enriquecer o valor que xa de por si ten a Biblioteca, xa o ano pasado se programaron unha serie de actividades, con grande acollida, de aí que algunhas delas se repitan este curso.

«Quédansenos curtas as prazas en moitos casos -dixo- polo que animo á xente a que non demore a reserva de praza, sobre todo naquelas actividades que requiren inscrición previa».

Neste sentido, lembrou que hai tres tipos de actividades: as que requiren inscrición, as de entrada libre e ás que se pode asistir por invitación.

No primeiro grupo están o taller de escritura, o club de lectura narrativa, o de lectura positiva e o de teatro para adolescentes. No grupo de entrada libre, pódese asistir ao club de lectura de poesía; ao ciclo de charlas: Aprender a ver cine II; ao ciclo de charlas: Imos contar ciencia; aos encontros para a práctica de idiomas e a visitas guiadas pola Biblioteca baixo petición previa.

Finalmente, as actividades por invitación repiten con A hora do conto, adicada aos máis pequenos, que esta ano contará cos narradores: Cía Trinke-Trinke, Soledad Felloza, Raquel Queizás e Pablismo.

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …