200 persoas visitaron a Oficina de Turismo do Parque fluvial de Freixeiro

A Oficina de Turismo de Narón pechou as súas portas o pasado 31 de agosto no Parque fluvial de Freixeiro. Nos dous meses que permaneceron abertas as instalacións, desde o 1 de xullo, achegáronse ata este punto de información preto de duascentas persoas, tal e como apuntou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida.

A edil naronesa destacou a relevancia desta oficina turística «á que se achegaron moitos veciños e veciñas de Narón pero tamén procedentes doutras localidades da comarca, de Galicia e de España e tamén doutros países». A afluencia de xente, según os datos recollidos, foi similar os dous meses nos que permaneceron operativas as instalacións, tal e como apuntou a concelleira de Turismo.

Un tercio dos visitantes procedían de Narón e interesáronse principalmente polo citado concello, solicitando mapas, rueiros, información sobre roteiros de senderismo e doutros atractivos turísticos do termo municipal, explicou a concelleira. Os dous tercios restantes chegaron á Oficina de Turismo local desde A Coruña, Pontevedra, Ferrol, As Pontes e, no referente aos doutras comunidades, destacan os madrileños, vascos, santanderinos, cataláns, sevillanos e valencianos.

As temáticas polas que se interesaron foron o turismo de natureza, eventos como a Feira Medieval de Narón ou o Oenach Atlántico de Sedes, roteiros de sendeirismo, As Fragas do Eume e información xeral sobre Narón e comarca, indicou Hermida. Arxentina, Cuba e Francia foron os países dos que procederon algúns dos visitantes estranxeiros, destacando o seu interese polos roteiros en bicicleta e visitas a realizar en Narón e nos concellos da comarca.

«As persoas que acudiron este verán á Oficina de Turismo de Narón deixaron constancia do interese que a comarca en xeral e o noso concello en particular esperta non só nesta zona, senón tamén noutros puntos de Galicia e España e incluso no estranxeiro», subliñou Natalia Hermida. A edil naronesa asegurou que o goberno local continuará apostando desde a concellería que preside por «respaldar iniciativas enmarcadas no sector e que redunden no beneficio doutros sectores como o hostaleiro ou o comercial, entre outros, para seguir dando a coñecer dentro e fóra de Narón tanto o potencial do noso patrimonio como a calidade das instalacións e dos servizos ofrecidos por distintos empresarios no termo municipal».

Hermida recordou ademais que na entrada principal do Concello está operativo desde hai uns meses un punto de información no que se poden recoller guías e diverso material informativo sobre actividades, eventos e zonas turísticas da localidade, entre outros, «co fin de continuar divulgando durante todo o ano información de interese para veciñanza e os visitantes».

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …

Un comentario

  1. Lo venden como si fuera un gran éxito , si quitamos a los vecinos del Concello sólo nos visitaron poco mas de 100 personas que pena y están todos orgullosos como si fuéramos un referente en turismo nacional , sólo en las oficinas de Ferrol tienen más visitantes en un solo día que aquí en todo el año , aquí somos especialistas en veder humo , que pena de …….