O BNG presentou aos seus candidatos por Ferrolterra ás eleccións do 25-S.

Fot. BNG Ferrolterra
Fot. BNG Ferrolterra

Esta mañá o BNG presentou no Cantón de Molíns fronte o busto de Camilo García Baliño ás persoas dá comarca de Ferrolterra que forman parte dá candidatura nacionalista nas vindeiras eleccións ao Parlamento Galego do día 25 de setembro.

O número 5, Manuel Polo (Fene); Silvia Pardo, número 8 (As Pontes), Mon Fernández, número 11 (Ferrol), Iago Varela, número 13 (Cabanas) e Leandro Lamas, número 19 (Neda) percorrerán nos próximos días todos os recunchos de Ferrolterra, Eume e Ortegal para explicar o proxecto do BNG para Galiza.

Estiveron presentes, entre outros, Mercedes Tobio, voceira comarcal; Secundino García, alcalde de San Sadurniño; o de putado provincial,  Suso Soto;  Pablo Villamar, voceiro no concello de Narón; Tania Fernández Iglesias, concelleira en Mugardos; e Manuel Rodríguez Doval.

O fenés Manolo Polo sinalou que se espera un tempo novo «no que é necesario cambiar o modelo e dende logo os xestores actuais que son unha carga para este pais confiando no BNG que ven a ser un antidoto a resignación de moitos galegos e galegas». «Construír unha Galiza con decisión e con ilusión por un tempo novo».

Lea también

Libertad con cargos para los cinco investigados por la reyerta acontecida el pasado domingo en Ferrol

La titular del Juzgado de Instrucción número 3 de Ferrol ha decretado en el mediodía …