Os retratos do Marqués de Amboage

foro amigos ferrol-1O Foro de Amigos de Ferrol nás vésperas do 31 de agosto quere lembrar a presenza de Ramón Plá na cidade.

      —-ooooOoooo—-

Na praza máis fermosa de Ferrol, a única que aínda conserva as esencias e as sinais de identidade da cidade, un 31 de Agosto, fai agora 120 anos, inaugurouse a estatua do Marqués de Amboage, dándolle o seu nome á praza ata entón chamada de Dolores. Na actualidade a severa e cerimoniosa escultura do marqués atópase nun desleixado estado de conservación e limpeza, faltando desde fai anos do seu pedestal o escudo de Ferrol que lle foi espoliado.

Ramón Plá y Monge, marqués con título pontificio, que non da nobreza de España, como home adiantado ao seu tempo obtivo esta distinción polo seu benéfico labor, ao crear á súa morte o ano 1892 unha importante Fundación Benéfica en Ferrol, que foi un exemplo de xenerosidade cara á cidade onde naceu.

burgoa-28-1

Mentres era recoñecido como exemplar patriota pola prensa e polos intelectuais galegos da súa época e lembrado con agradecemento por moitas familias ferrolás, foi logo atacado e denigrado por estúpidos e ignorantes de tódolos sectores políticos desta Cidade Ensimesmada, adxudicando a súa riqueza a unha inexistente dedicación á trata de negros.
Porén, a cidade garda a súa memoria. Ademais da súa estatua que preside a praza de Amboage e da placa na súa honra colocada na súa casa natal da rúa do Sol, consérvanse en diferentes lugares da urbe varios retratos de Ramón Plá, como persistente lembranza do seu legado. O edificio do Concello, o Centro Cultural Municipal, o Hospital Xeral de Caranza e a sede da Fundación Amboage gardan, ademais de fotografías e gravados, diferentes retratos do marqués de Amboage, obras de Eduardo de la Vega, Vicente Díaz e Ramón Buch, entre outros.

burgoa-28-2

Pola transcripción Juan J. Burgoa

Lea también

José Polo Taibo expone en la oficina de turismo de la Plaza de España de Ferrol

La exposición se puede visitar en horario de mañana y de tarde hasta el 21 …