«No pleno do pasado mes de xullo, non se admitiu a trámite unha moción urxente de Eliximos Narón sobre a modificación do programa de facturación de COSMA para poder facer devolucións nos recibos, e finalmente se lle fio un rogo ao alcalde ao respecto» sinala ENE nun comunicado
«Logo do episodio dos trihalomentanos do pasado ano, un dos argumentos dados polo Goberno para non proceder á devolución do diñeiro aos abonados foi que o programa de facturación de COSMA non estaba preparado para proceder a dita devolución, e o custo de modificalo era moito mais alto que o importe das devolucións e, polo tanto, non se xustificaba dito cambio.
A urxencia vén motivada porque deben aproveitarse as modificacións postas en marcha pola revisión da ordenanza Nº 8, aprobada no pleno do pasado mes de xuño, para introducir unha nova facturación correspondente ao saneamento en alta e a depuración, e isto implica necesariamente a revisión do programa de facturación e, dado que xa é necesario proceder á revisión, a introdución da opción de devolucións non implicará un incremento substancial no custo da mesma.
Pasado máis de un ano, os abonados aínda non foron resarcidos pola crise dos rihalometanos como legalmente lles corresponde e, introducindo dito cambio, si poderían ser resarcidos ao desaparecer a principal xustificación para non levalo a cabo.
Non debemos esquecer que a facturación de COSMA non só afecta a auga (nas partes do Concello e daXunta), senón tamén ao saneamento, e ao residuos sólidos (de Urbaser), polo que estamos a falar de un importante déficit no principal programa de facturación de Narón.
A devolución das taxas en determinadas circunstancias é algo obrigatorio por lei (artigo 12 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos), polo que non se entende como ata a data non se incluíra esta posibilidade no sistema de facturación.
Sorpréndenos que a resposta do alcalde fose que llo ía “trasladar ao xerente de COSMA para que o considerase”, como si as devolucións non fosen unha obrigación para o Concello e por tanto para a empresa mixta».
La medida está bien, pero las cosas se demuestran con hechos y no con palabrería. Eliximos hasta en dos ocasiones no apoyó las iniciativas del PP para pedir esto. Ahora con una notita pretende colgarse alguna medalla.
Como ya se explica en el artículo la falta de la opción de devoluciones en el programa implicaba un gasto mayor que la devolución del agua, y dicho gasto al final sale del bolsillo de los usuarios, por tanto el balance sería negativo para estos y, por tanto, entendíamos que mejor era dejarlo en suspenso. Por este motivo no apoyamos la propuesta del PP.
Ahora las circunstancias cambian al verse obligado el cambio del programa y al reducirse el coste, ya que se introduce la opción de devolución como parte del proceso de la modificación en marcha.
Una vez modificado el programa entendemos que no quedan argumentos para no devolver el dinero por el caso de los trihalometanos.
goooooooooooooool de señor
Hasta dos veces votó en contra este señor de la medida. ¿Ahora viene a apuntarse medallas?
Falso Menchu. Nunca votei en contra.
No pleno de Outubro de 2015 abstívenme (pódese comprobar a acta) e no debate dixen:
1 – Nesta moción absterémonos porque, aínda que a idea de partida considerámola boa, no primeiro punto vemos que o desconto non vai a ser significativo para os veciños e porque o seu custo de implantación é moi alto, polo que ao final indirectamente o veciño perde mais do que gana. E o segundo punto xa nos mostrou o alcalde unha reclamación feita á Concello de Ferrol neste sentido, aínda que máis completa por recoller as perdas de baleirado do depósito de O Val.
No pleno de Abril de 2016 tamén abstívenme e no debate dixen:
1 – Ben, nós cremos que é unha medida razoable esperar a resposta da valedora do pobo para ver que di respecto ás alegacións do concello e, entonces, por iso imos a absternos.
2 – Por alusións… Ao mellor, o Sr.Marcos, non entende a nosa posición. Eu creo que chegado o momento que isto se levou a outras instancias, veu unha carta da valedora ao Concello, e como é o seu dereito, alegou ao que a valedora do pobo dixo e, eu entendo, que é razoable e que é democrático e que é incluso algo de dereito no, entonces, eu creo que, cando algo está nas instancias superiores pois podemos esperar un pouquiño a ter toda a información e todas as contestacións e, con iso, non estou dicindo que non creo que haxa que, digamos, pagarlle aos veciños e devolverlle cartos aos veciños.
Si é ben ter toda a información para obrar en consecuencia con todas as información que imos a ter porque, aínda que non se lle pague este mes aos veciños e se lle pague dentro de 2 meses, como é unha cantidade moi pequena, non vai a ter ningunha consecuencia para estes.
Quero comentar tamén que nos remitimos a noticia a toda a prensa co titular: “Sobre da devolución das taxas aos contribuíntes” e que non fixemos unha crítica sobre “que aínda non se abonou o recargo polo problema da auga do 2015”, senón que ha crítica vai contra de que non se tomen medidas para solucionar un problema maior que é a incapacidade do programa de COSMA de facer devolucións, logo xa cae polo seu propio peso a devolución xa que é unha obriga legal.
Eu pregúntome … Se a alguén lle cobran por erro dous recibos, ¿cómo o solucionaría COSMA? ¿O sistema non admite a corrección de erros -algo moi habitual en toda actividade humana-? Sona a excusa barata. E o problema é de COSMA como concesionaria do servizo, non dos clientes. Se se promovese unha denuncia masiva a consumo, é moi probable que a forma de actuar fose moi distinta …