Algo recomendable en Cabanas, unha viaxe en gamela polo Eume

cabanas-gamelaVeciños e turistas poden de novo disfrutar de Cabanas e da súa riqueza paisaxística e natural a bordo da gamela «Anduriño».

O alcalde, Germán Castrillón, avanzou que as viaxes polo Eume desta embarcación tradicional, que puxo en marcha o Concello hai cinco anos, veñen de iniciarse e, a partir dagora, realizará rutas a diario ata o 15 de setembro, cun mínimo de tres viaxes ó día e uns horarios que dependen das mareas.

As persoas interesadas en enrolarse nesta aventura poden facer as súas reservas no Punto de Información Turística, ubicado no parque do Areal, ou chamando ao teléfono 616 67 09 33 (neste caso, será necesario recoller o tícket na oficina cunha antelación mínima dunha hora sobre a saída da embarcación). As prazas están limitadas a oito por viaxe que, xunto ó patrón, completan a capacidade da gamela.

Germán Castrillón explica que esta iniciativa nace da aposta do Concello pola promoción de Cabanas dun modo diferente e novidoso e sinala que as viaxes permiten coñecer a labor dos mariscadores a flote da ría de Pontedeume e Cabanas; contemplar a riqueza ornitolóxica das fermosas ribeiras da ría e, como non, o parque natural das Fragas do Eume, un lugar único que conserva os últimos vestixios dos Bosques Atlánticos Europeos. A ruta, que parte do Campo do Oito, ten como punto de destino o Centro de Atención de Visitantes do propio parque.

O prezo da viaxe é de cinco euros e, no caso de nenos menores de 10 anos, gratis (un rapaz por familia). Así mesmo, hai tarifas especiais para a veciñanza de Cabanas.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …